22º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2018

Román Rodríguez visita o stand de FP no 22º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2018

Silleda (Pontevedra), 10 de xuño de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta mañá o espazo dedicado á Formación Profesional no 22º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2018, dentro da Feira Internacional de Galicia Abanca. A Consellería dispón dunha parcela de 90 metros cadrados, que constan dun espazo dedicado á promoción e difusión da FP galega, e unha zona de aulas onde se levan a cabo demostracións ao vivo de diferentes propostas gastronómicas que os visitantes poden degustar.

Precisamente esta mañá o conselleiro asistiu a uns talleres de cociña en directo a cargo do alumnado do IES de Vilamarín, e do IES de Sabón (Arteixo), que ofreceron showcooking con aperitivos e sobremesas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Desde o pasado xoves desenvolvéronse neste stand diversas actividades como obradoiros de marroquinería, de pregado artístico de toallas e servilletas, de elaboración de cervexa artesá, e catas de queixos e de produtos elaborados con estrugas, entre outros; da man do alumnado e do profesorado do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), o CIFP Paseo das Pontes (A Coruña), o IES Fraga do Eume (Pontedeume), e o IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia).

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta