24 horas correndo pola Esclerose Lateral Amiotrófica

24 horas correndo pola Esclerose Lateral Amiotrófica

O 25 e 26 de agosto levará a cabo o V Edición da carreira “24 horas de Vigo” na que, participarán atletas de maneira individual e por equipos, que correrán durante 24 horas no Parque de Castrelos de Vigo. Nesta edición, un dos equipos participantes decidiu correr as 24 horas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

Doce atletas compoñen o equipo formado por membros do Noitebra F.C e amigos, e correrán co obxectivo de visibilizar a ELA, enfermidade que afecta actualmente a 4.000 persoas en España e que, neste momento, non ten cura. Coa súa fazaña pretenden tamén recadar fondos para mellorar e manter a calidade de vida dos afectados dela, ofrecendo a recadación que consigan a AGAELA.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para todo iso, necesitan da colaboración a través de doazóns e patrocinio de persoas ou empresas que desexen achegar o seu gran de area ao reto “24 horas correndo pola ELA”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO