3.374 estacións rupestres distribuídas por todo o territorio galego

3.374 estacións rupestres distribuídas por todo o territorio galego

Integrantes do grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico realizan a primeira análise detallada sobre o inventario da arte rupestre de Galicia Principais grupos temáticos identificados nos petróglifos en Galicia. Persoal investigador do grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC (GEPN-AAT) acaban de publicar a primeira

Integrantes do grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico realizan a primeira análise detallada sobre o inventario da arte rupestre de Galicia

Principais grupos temáticos identificados nos petróglifos en Galicia.

Persoal investigador do grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC (GEPN-AAT) acaban de publicar a primeira análise detallada sobre o inventariado da arte rupestre de Galicia. O estudo aborda cuestións tan fundamentais como o número de rochas que conforman o fenómeno rupestre galego, a súa composición temática ou a súa distribución xeográfica. Carlos Rodriguez Rellán, Alia Vázquez Martínez e Ramón Fábregas Valcarce avaliaron o Preinventario do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e posteriormente analizaron os datos colectados por medio de ferramentas de análise espacial e estatístico.

O traballo publicado na revista Trabajos de Prehistoria permite, en definitiva, coñecer en detalla a enorme riqueza da arte rupestre galega e -aínda que resulta “moi probable que o número de petróglifos catalogados sega aumentando nas próximas décadas”- permite “colocala xa á par doutros grandes centros rupestres do continente”, engaden os autores do traballo. A posibilidade de dispor dunha relación completa das estacións rupestres “facilita a aplicación de técnicas estatísticas e análises SIX cunha maior fiabilidade e resolución que en traballos realizados en anos previos” explica o catedrático Ramón Fábregas.

Na actualidade coñécense un total de 3.374 estacións rupestres distribuídas por todo o territorio galego. Se ben no “cuadrante suroeste da comunidade identifícase unha densidade maior de petróglifos, estes espállanse por boa parte da xeografía do país”, engade o profesor Fábregas Valcarce. Dentro do conxunto dos petróglifos catalogadas, as análises evidencian un claro dominio dos gravados xeométricos (cazoletas e combinacións circulares) fronte aos naturalistas (zoomorfos, armas,…). Igualmente tamén indican a importancia numérica dos motivos de época histórica (cruciformes, alfabetiformes,…), deixando claro que o gravado das rochas presentes nos montes galegos transcendeu as barreiras temporais da Prehistoria para chegar practicamente ata os nosos días, explican os investigadores.

Os resultados obtidos apuntan tamén a existencia dunha gran heteroxeneidade ou variabilidade interna do fenómeno rupestre galego que se manifesta tanto nunha distribución desigual das rochas gravadas ao longo do territorio galego, como na propia riqueza e complexidade dos motivos esculpidos e incluso respecto á súa implantación na paisaxe. En opinión dos especialistas da USC, esta heteroxeneidade deixa patente que a arte rupestre galega é un fenómeno complexo no seo do cal probablemente se acolle unha importante variabilidade temporal e tamén espacial, con determinadas áreas do territorio galego actuando como “núcleos” de especial riqueza rupestre, “cada un deles con idiosincrasia e características propias”.

O GEPN-AAT vén dedicándolle á arte rupestre “un importante esforzo investigador dende a década final do século pasado”, afirma Ramón Fábregas. Sobre a temática o grupo ten publicado dous libros e multitude de traballos en revistas científicas e congresos tanto

DESCARGAR O ARQUIVO PDF

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor