50 sombras de Grey, o libro porno para “nais”

50 sombras de Grey, o libro porno para “nais”

‘Cincuenta sombras de Grey’, a exitosa novela erótica para mulleres de E.L. James, publícouse xa no 2012 e é hoxe un dos libros con mais ventas en España, co espírito de converterse nun fenómeno social, tal e como ocorreu en Inglaterra ou Estados Unidos, onde se venderon máis de vinte millóns de exemplares. ‘Cincuenta sombras

‘Cincuenta sombras de Grey’, a exitosa novela erótica para mulleres de E.L. James, publícouse xa no 2012 e é hoxe un dos libros con mais ventas en España, co espírito de converterse nun fenómeno social, tal e como ocorreu en Inglaterra ou Estados Unidos, onde se venderon máis de vinte millóns de exemplares.

‘Cincuenta sombras de Grey’ é a primeira parte dunha triloxía protagonizada polo sedutor multimillonario Christian Grey e a estudante de literatura Anastasia Steele, e narra un tórrido romance cheo de escenas de sexo explícito marcadas polo desexo, a submisión e o sadomasoquismo.

“Ten as claves do xénero romántico ao uso, pero ademais foi implementado cun excitante xogo erótico. A novela atrápache tanto pola historia persoal dos protagonistas e o seu perfil psicolóxico como polas escenas de sexo, que están e duran moitas páxinas”, explicou a Efe Ana Learás, directora literaria de Grijalbo, editorial que publicou o libro.

Esta “combinación de xéneros”, en palabras de Learás, levou á novela a un éxito rotundo en Estados Unidos, onde mesmo se imparten talleres sexuais inspirándose no libro, e causou furor en mulleres de todas as idades.

“É para todas, aínda que quizais foi máis o díxomedíxome de mulleres de 30 a 50 anos, ou de nais novas que van buscar os nenos ao colexio. Son unha serie de libros que alimentan todas as fantasías femininas, e as fantasías en todas as idades son válidas”, puntualizou Learás.

En Estados Unidos algúns críticos chamaron ao fenómeno ‘porno para mamás’, aínda que Learás asegurou que a novela se inscribe dentro do xénero erótico, pero “nunca pornográfico”, porque “a lectura non é vulgar” porque “se chama cada cousa polo seu nome, pero non de forma gratuíta”.

‘Cincuenta sombras de Grey’ saiu á venda o, 6 de xuño de 2012, mentres que ‘Cincuenta sombras máis escuras’ e ‘Cincuenta sombras liberadas’, segunda e terceira parte da triloxía, publicaronse o 4 de xullo de 2012 cunha tirada conxunta de 350.000 exemplares. Dende ese momento os libros non fixeron mais que batir todos os records…

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor