6 anos despois a desigualdade gañou a guerra

No ano 2006 en Europa creouse o denominado como Instituto Europeo da Igualdade de Xénero este instituto ten como obxectivo principal fomentar a igualdade, loitar contra a discriminación, sensibilizar a cidadanía europea…

Un ano despois, no 2007, declarouse como o Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades.

Tan so seis anos depois as desigualdades asolagan Europa e o paro en España e se dúbida un dos mellores exponentes.

Canarias, Andalucía e Castela-A Mancha mostran porcentaxes superiores á media nacional, co 29,2%, o 27,2% e o 27% do total dos seus autónomos cotizando por accidente laboral e cesamento de actividade. Non obstante, UPTA resalta que en agosto baixaron os emprendedores que cotizan por estas continxencias en todas as comunidades ou rexistraron crecementos non superiores ao 0,3%.

A gran maioría dos autónomos protexidos fronte ao paro e os accidentes laborais eran varóns (428.855) e o maior número de emprendedores que pagaban por estas coberturas concentrábase na franxa de 40 a 44 anos, con 101.409 cotizantes. UPTA atribúe parte da caída de autónomos que cotizan por paro e accidente profesional á crise, que está a obrigar o colectivo a reducir todos os gastos, pero tamén á falta de información sobre as coberturas, polo que reclama ás mutuas e ao Ministerio de Emprego unha campaña informativa.

Así mesmo, a organización achaca o descenso de cotizantes “á sensación real da dificultade” para acceder a estas prestacións, en particular o cesamento de actividade, que só alcanza a un 18% dos solicitantes.

 

Actualmente ante a desigualdade mais marcada que nunca xurden algunhas iniciativas cidadáns como a que xa comentaramos noutra altura como a da escola europea parasanitaria  na que os alumnos daban masaxes para recaudar alimentos ou similares…

Asemade caritas clama contra a insostanibilidade da situación actual a pesar de que as doazons aumentan…

Deixa unha resposta