A Comisión Europea abre expediente sancionador a España pola restricción a medicamentos homeopáticos

A Comisión Europea abre expediente sancionador a España pola restricción a medicamentos homeopáticos

A Comisión Europea anunciou este xoves a apertura dun expediente de caracter sancionador a España, a polémica ven de lonxe e ven dada polas restricións que impón o goberno español á entrada no país de medicamentos denominados homeopáticos.(que é a homeopatía?)

Estes medicamentos homeópaticos que si son legalmente comercializados noutros moitos paises ou mais ben na maioría de países da Unión Europea sen arancel algún, ven de se convertir nun problema para España xa que a xuízo de Bruxelas vulnera as regras da libre circulación de mercadorías.

A través dunha carta de emprazamento, que abre o procedemento de infracción da UE, a Comisión Europea avisa a España de que as restriccions  “fan imposible na práctica introducir no mercado español medicamentos homeopáticos con os que se comercia legalmente en outros Estados membros da UE”.

A situación actual fai “imposible na práctica” introducir no mercado español os produtos homeopáticos que son “comercializados legalmente” noutros Estados membro, explicou o Executivo comunitario nun comunicado.

Eles supón actuar “en contra da normativa da UE” en materia de libre circulación de mercadorías e da directiva sobre medicamentos para uso humano.

A homeópatia a debate: un dos obxetivos para a OMS para o periodo 2014-2023 e o de fomentar a integración da Medicina non Convencional nos sistemas nacionais de saúde. Relacionado: Homeópatia a grande perseguida…

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Por iso, Bruxelas remitiu ás autoridades españolas unha carta de emprazamento, primeira etapa dun procedemento de infracción e que dá un prazo inicial de dous meses a España para responder á situación.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Se a primeira resposta non satisfai a Bruxelas, os servizos comunitarios poderían pasar á seguinte fase, un ditame motivado que daría un ultimato de dous meses ao país para solucionar as diferenzas ou acudir, tras o cal, se persiste a infracción, a Comisión podería elevar o caso ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

One thought on “A Comisión Europea abre expediente sancionador a España pola restricción a medicamentos homeopáticos