A custodia compartida e o modelo en Arkansas, EE.UU

A custodia compartida e o modelo en Arkansas, EE.UU inclúe unha particularidade única en Estados Unidos.

O código legal de Arkansas inclúe unha particularidade única en Estados Unidos. Cando un dos seus xulgados estuda un divorcio no que deberá outorgar a custodia dos fillos a unha das partes, un dos aspectos que influirá a decisión é cal dos dous proxenitores permitirá o contacto frecuente e continuo cos menores á parte que non obteña a custodia.

Ata mediados do século XX na maioría de Estados Unidos, cando unha parella batallaba pola patria potestade dos seus fillos, a nai partía con vantaxe. Era a época na que dominaba a coñecida en inglés como «doutrina dos anos tenros», un principio legal que asumía que os menores debían permanecer coa nai. Esa tese foi perdendo puxanza progresivamente ata que se estendeu un modelo onde primaba o interese do menor e no que cada caso se valoraba de maneira independente. Así, tanto o pai como a nai partían dunha situación de igualdade.

Caso de Arkansas
De entre os diferentes baremos que se crearon para avaliar a situación, a cláusula introducida por Arkansas é das máis específicas, aínda que tamén das máis complicadas de contrastar, xa que se fixa na predisposición, e non en feitos, para inclinar a balanza cara a un ou outro lado. Foi nesta cláusula na que se fixou o antigo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, á hora de explicar nos eu momento o seu proxecto de Lei nacional de Custodia Compartida, a cal priorizaría, segundo apuntaba, o dereito do menor por encima do dos pais.

Algúns aspectos que a lei de Arkansas contempla á hora de entregar a custodia son a preferencia do menor, se existen antecedentes de violencia doméstica e se algún dos proxenitores é un agresor sexual.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

Estas a favor da custodia compartida? * Sempre se plantexa nos casos de que non exista motivo xudicial algún para afastar o neno da nai ou do pai

Graciñas pola tua participación!

Deixa unha resposta