A Deputación da Coruña aposta por visibilizar o deporte feminino na Coruña

A Deputación da Coruña aposta por visibilizar o deporte feminino na Coruña

A Deputación da Coruña aposta por visibilizar o deporte feminino na Coruña A área de Igualdade da Deputación da Coruña promove o programa “Conquista os elementos” para visibilizar ás mulleres deportistas que chega agora á Coruña cun videoforum no que participarán a xornalista Silvia Carregal, a investigadora Cristina López e o adestrador Manuel Sánchez. A

A Deputación da Coruña aposta por visibilizar o deporte feminino na Coruña

A área de Igualdade da Deputación da Coruña promove o programa “Conquista os elementos” para visibilizar ás mulleres deportistas que chega agora á Coruña cun videoforum no que participarán a xornalista Silvia Carregal, a investigadora Cristina López e o adestrador Manuel Sánchez. A deputada Ánxela Franco destaca que a iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade no mundo do deporte.

19/07/2018|Deputación da Coruña

Coa participación da xornalista Silvia Carregal, a investigadora e especialista en deporte feminino Cristina López Villar e o adestrador do Equipo feminino R.C Deportivo, Manuel Sánchez, o vídeo forum “Conquista os elementos” celebrarase este xoves día 19 de xullo ás 19 horas na Casa Museo Casares Quiroga (R/ Panaderas 12) en A Coruña.

A campaña de difusión e visibilización do deporte feminino “Conquista os elementos”, que promove a área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, ten como obxectivo, segundo a deputada ánxela Franco, “romper barreiras e superar obstáculos para a igualdade”. O programa chega agora á Coruña despois de visitar distintos concellos da provincia desde o pasado mes de setembro que botou a andar coa proxección do documental e o debate no que participaron arredor de cincuenta persoas, entre elas numerosas deportistas como as xogadoras de fútbol como Nerea Carballo, Vero Boquete e Iris Arnaiz; as atletas Laura Delgado e Alejandra Carro, a xogadora de kayak Polo, Mercedes Blanco; o adestrador de baloncesto Adrian Dios; ou a ximnasta, Thais Pazos.

A deputada e responsábel da área de Igualdade da Deputación da Coruña, ánxela Franco, destaca que con esta campaña o que se busca é “reivindicar a igualdade efectiva entre os homes e mulleres deportistas nun tempo en que, como estamos a ver, aínda non se lle está prestando atención ao deporte feminino” A través do vídeo fórum estase a poñer de manifesto a realidade das deportistas galegas, e mostrar a necesidade de apoiar e promover o deporte feminino.

O programa “Conquista os elementos” da Deputación da Coruña está deseñado segundo a modalidade vídeo-fórum, comezando cada un dos eventos coa proxección do documental “Contra os elementos” que precede á charla-coloquio con persoas representativas do mundo do deporte. “Conquista os elementos” persegue unha serie de obxectivos entre os que se atopan: fomentar á participación da muller no deporte, promover cambios nos medios de comunicación á hora de abordar a información deportiva feminina –tanto no tempo que lle adica como na linguaxe escrita e icónica que emprega-, coeducar en valores como a igualdade de oportunidades, eliminar estereotipos ou promocionar a equiparación entre o deporte feminino e masculino.

No acto da Coruña participan a xornalista Silvia Carregal que promove espazos xornalísticos para visibilizar o deporte feminino, a investigadora Cristina López Villar, autora do libro “Pioneiras do deporte en Galiza”, publicado pola Deputación da Coruña e o ex-xogador de fútbol e adestrador do equipo feminino R.C. Deportivo da Coruña, Manuel Sánchez. O vídeo-fórum é aberto ao público até completar o aforo.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor