A Deputación da Coruña contribúe á formación dos concellos na nova normativa de protección de datos

A Deputación da Coruña contribúe á formación dos concellos na nova normativa de protección de datos

A Deputación da Coruña contribúe á formación dos concellos na nova normativa de protección de datos A Deputación quere facilitar a adaptación dos concellos ás novidades lexislativas no ámbito do tratamento de información, contratación ou espectáculos 17/07/2018|Deputación da Coruña O deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, inaugurou o curso da Cátedra de Dereito Local

A Deputación da Coruña contribúe á formación dos concellos na nova normativa de protección de datos

A Deputación quere facilitar a adaptación dos concellos ás novidades lexislativas no ámbito do tratamento de información, contratación ou espectáculos

17/07/2018|Deputación da Coruña

O deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, inaugurou o curso da Cátedra de Dereito Local arredor dos dereitos e obrigas dos concellos arredor da nova normativa de protección de datos persoais. Con este curso de formación, a Deputación da Coruña quere contribuír á adaptación das novidades arredor dun tema de especial sensibilidade na administración cunha acción formativa como as que se desenvolveron para a Lei de contratos ou a de espectáculos.

“As administracións están a recoller e tratar unha inxente cantidade de información persoal, necesaria para xestionar a prestación de servizos públicos que corresponden”, sinalou o deputado Xesús Soto na súa intervención na que defendeu a necesidade de que ese conxunto de datos estea “correctamente protexido, xa que na maioría dos casos estamos manexando información que di moito máis dos seus titulares da que a priori nos puidese parecer”.

O curso, organizado pola Cátedra de Dereito Local, impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración coa UDC , está dirixido polos catedráticos da UdC, Carlos Amoedo e Javier Sanz Larruga e busca facilitar a adecuación dos concellos ao novo regulamento europeo de protección de datos, que entrou en vigor o pasado 25 de maio e que afecta ao funcionamento das administracións locais. O novo regulamento europeo afecta ao conxunto de entidades públicas e privadas da Unión Europea e será completada coa Lei orgánica de protección de datos que se está a tramitar nas Cortes Xerais.

Na xornada, destinada a persoal das entidades locais, participaron especialistas como Víctor Salgado (avogado especialista en TIC), íñigo Pintos e Teresa Regueiro, do bufete Pintos & Salgado, e Ramón álvarez Veiras, técnico do Concello da Coruña.

Na súa intervención, o deputado de Contratación, Xesús Soto, defendeu a necesidade destes programas formativos, nun momento en que, segundo sinalou, “a complicación da xestión pública alcanza niveis dificilmente imaxinábeis no século pasado”. Destacou tamén que, coa aplicación da nova normativa, as administracións públicas deben aplicar o “principio de responsabilidade activa, que implica que antes de empezar un tratamento de datos debe ter feito unha análise de riscos e, no seu caso, unha avaliación de impacto”.

Neste sentido, Soto destacou que un dos obxectivos da Deputación da Coruña é facilitar aos concellos a adaptación ás novidades da administración para o que, ademais do presente curso, se desenvolveron recentemente programas formativos arredor de temas como a Lei de contratos do sector público ou a Lei de espectáculos.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor