A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros aos festivais de música

 

A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros aos festivais de música, artes escénicas e audiovisual

Achega 491.835 € ás entidades organizadoras que se suman aos 539.584,94 dos concellos

16/07/2018|Deputación da Coruña

Máis de un millón de euros destina a área de Cultura da Deputación da Coruña a entidades e concellos que organizan festivais de música, artes escénicas e audiovisual. O BOP publica hoxe a resolución da liña pola que se achegan 491.835 euros ás entidades que se suman aos 539.584,94 que inviste nos festivais organizados polos concellos. Con estas dúas liñas a Deputación da Coruña sitúase á cabeza do apoio institucional aos concellos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Máis de trinta entidades reciben axudas da Deputación da Coruña para organizar festivais culturais nunha liña de concorrencia competitiva á que se destinan 491.835 €. Festivais como FIOT de Carballo, o Freakemacine da Coruña, o Festival das Carrilanas de Esteiro, o Irmandiño de Moeche, o Grelo Folc de Monfero, o Río Castro de San Sadurniño, o Feito a Man de Santiago o Festival da Luz de Boimorto, a MICE de Santiago, a Festa da Carballeira de Zas ou o Folk in Rio de Touro son algúns dos eventos que a Deputación da Coruña apoia na convocatoria dirixida a entidades organizadoras de festivais.
O orzamento que se destina ás entidades sen fins de lucro para a organización de festivais súmase á convocatoria dirixida aos concellos que promoven festivais ás que nesta nova edición a Deputación da Coruña achega un total de 539.584,94 €.

“A aposta polos festivais está á vista nestas dúas liñas que promovemos desde a área de Cultura da Deputación da Coruña polas que queremos afortalar o sector cultural e apoiar a difusión e promoción da cultura”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. Ao seu ver, os festivais supoñen “extraordinarios escaparates da música, as artes escénicas e o audiovisual e convértense en atractivos turísticos de primeiro nivel”.

En total, por volta de sesenta festivais reciben financiamento da Deputación da Coruña, nesta nova edición das convocatorias públicas, 33 organizados por entidades e 26 polos distintos concellos da provincia. Entre os eventos figuran algúns dos de maior tradición no calendario cultural como o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que se está a celebrar na actualidade, o do Queixo de Arzúa ou a Carballeira de Zas canda outros de máis recente creación como o Festival Internacional de Blues de Fisterra, entre os do ámbito musical.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

En audiovisuais, eventos como Cineuropa e Curtocircuito, a Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab, Carballo Interplay, Freakemacine, S8 ou MICE no audiovisual ou FIOT, Titiriberia, Atlántico ou a Mostra de Teatro de Cariño nas artes escénicas son algúns dos eventos apoiados pola Deputación da Coruña.

SUBVENCIóNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS AUDIOVISUAIS, MUSICAIS E DE ARTES ESCéNICAS.
Entidade Obxecto Concedido
AMES CINEMA CRIANZA – FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INFANTIL 25.575,00
ARZúA FESTIVAL DO QUEIXO 2018 30.662,50
BERGONDO FESTIVAL FOLK GUíSAMO 2018 7.962,50
BETANZOS VAI DE RúA 2018 2.581,16
CAMBRE XXVII ROCK IN CAMBRE 2018 35.000,00
CARBALLO CARBALLO INTERPLAY 39.835,53
CARIñO XL MOSTRA DE TEATRO DE CARIñO 12.703,42
CARNOTA MARES DA FIN DO MUNDO – MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA DOCUMENTAL 4.411,56
CEDEIRA TRAZ OUTRO AMIGO TAMBéN – II FESTIVAL DE MúSICA GALEGA-PORTUGUESA 3.387,52
FISTERRA II FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE FISTERRA – FISTERRA BLUES EXPERIENCE 25.000,00
LOUSAME III FESTIVAL DE MAXIA DE LOUSAME-FESTIMAXIA 2.625,00
NARóN MOTIX – 34ª MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL 16.500,00
NEDA NOITE DE BOLOS 3.434,55
NOIA NOIA JAZZ 2018 3.675,00
NOIA XIX MOSTRA DE CURTAMETRAXES VILA DE NOIA 45.000,00
NOIA V FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARPA VILA DE NOIA – NOIA HARP FEST 5.848,00
OLEIROS RúA EXT-CéNICA: II FESTIVAL DE ARTES ESCéNICAS NA RúA 2.502,50
ORDES VII FESTIVAL DESORDES SONORAS 3.705,63
ORTIGUEIRA FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA 2018 85.000,00
RIANXO FESTIVAL NOITES DE JAZZ 2018 5.000,00
SADURNIñO CHANFAINA LAB 4.480,00
SANTIAGO XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES ‘CURTOCIRCUITO 2018’ 84.150,00
SANTIAGO XXXII FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA CINEUROPA 62.000,00
C VIMIANZO ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO 22.426,64
ZAS FESTIVAL DE CINEMA PREMIOS FOUCIñO 2.355,93
MARIñAS XIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TíTERES CONSORCIO AS MARIñAS – GALICREQUES 3.762,50
TOTAL CONCEDIDO: 539.584,94

Deixa unha resposta