A dieta nórdica, das mais saudables segundo a OMS

A dieta nórdica, das mais saudables segundo a OMS

Dieta nórdica: Coñece en que consiste o réxime alimenticio que segundo a OMS é un dos máis saludables. Unha recente investigación levada a cabo pola área de cardioloxía da Universidade de Harvard, clasificou esta dieta como unha dieta “protectora do corazón”, isto foi determinado así polos seus nutrientes beneficiosos para a prevención de patoloxias coma

Dieta nórdica: Coñece en que consiste o réxime alimenticio que segundo a OMS é un dos máis saludables.

Unha recente investigación levada a cabo pola área de cardioloxía da Universidade de Harvard, clasificou esta dieta como unha dieta “protectora do corazón”, isto foi determinado así polos seus nutrientes beneficiosos para a prevención de patoloxias coma poden ser o cancro, a diabete e enfermidades coronarias.

A dieta nórdica e unha dieta que descata pola ampla inxesta de vexetais como pode ser o repolo, o brócoli, repoliños de bruselas, patacas e cenorias…

Un novo estudo publicado pola OMS Organización Mundial da Saúde revelou fai pouco que ademais da coñecida xa por todos dieta mediterránea, a dieta nórdica é tamen unha dieta moi beneficiosa para o organismo, sobre todo reducindo as taxas de cancro, diabete e enfermidades coronarias. Sen dúbida aquilo que xa dicía Hipocrates de: “Que o teu alimento sexa o teu medicamento” tornase unha vez mais en vital ante tal evidencia.

Aínda que ambos os réximes alimenticios (o mediterraneo e o nórdico) comparten certas similitudes, poucos coñécen a dieta nórdica, a dieta nórdica e a dieta que se comezou a popularizar desde o ano 2004, sendo sistematizada polo famoso restaurante NOMA de Copenhague.

Tal como o seu nome di, a dieta nórdica inclúe alimentos provenintes principalmente de países como Suecia, Noruega, Finlandia, Islandia e Dinamarca, tales como froitos vermellos, legumes, grans enteiros, peixes grasos…

Segundo unha investigación realizada por investigadores de Harvard Heart Letter, os escandinavos destácanse na sua dieta polo seu alto consumo de froitos vermellos (frutiñas, arándanos azuis e vermellos, frambuesas e mouras).

“Os froitos do bosque son fontes excelentes de químicos beneficiosos das plantas, as antocianinas, que parecen baixar a presión sanguínea e fan máis flexibles os vasos sanguíneos”

O estudo realizado polos expertos de Harvard establece que dieta nórdica rescata a inxesta de cereais como centeo, cebada e avena; os vexetais como repolo, brócoli, repoliños de bruselas e cenorias; legumes, sementes como as de girasol e sésamo; peixes como o arenque, o salmón e a caballa; e os mariscos.

O estudo da Universidade de Harvard recomendou esta dieta como unha “protectora do corazón”, e que limita o procesamento de doces e carne vermella.

Jose Antonio Sánchez Colaborador na sección Saúde Natural: Socio científico da Sociedade Española de Probióticos e Prebióticos (SEPyP), investigador en Healthy Help Corporation e director de Escola Europea Parasanitaria ESPS, autor de diversos libros de saúde natural.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor