A falta de calcio en sangue duplica o risco de infarto

Pouco calcio en sangue, dobre risco de infarto segundo un Estudo sobre morte súbita de Oregón.

O 90% das persoas que sofren un paro cardíaco súbito falecen, das cales o 50% de homes e o 70% de mulleres non contan con antecedentes de enfermidade cardíaca previa segundo diversos estudos sobre esta patoloxia cardíaca.

Por iso é vital baseandose en datos obxectivos poder mellorar o actual procedemento para detectar ás persoas con maior risco de morrer neses casos, como parte de unha estratexia de prevencón global.

Con este obxectivo un equipo de investigadores norteamericanos descubriu que un nivel baixo de calcio relaciónase cunha maior probabilidade de padecer episodios de morte súbita.

Os cientificos obtiveron estas conclusións tras recompilar os datos obtidos polo estudo sobre morte súbita de Oregón (Estados Unidos), que tivo lugar entre 2002 e 2015, e comprobar que aquelas persoas que tiñan uns niveis máis baixos de calcio en sangue (por baixo de 8,95 mg/dl) tiñan o dobre de probabilidades de sufrir un paro cardíaco súbito, en comparación cos que tiñan máis de 9,55 mg/dl.

Sobor de este particular queremos destacar que os suplementos que conteñen calcio para combater a deterioración dos ósos, como a osteoporose, un mal asociado a desmineralización dos osos con perdida de densidade asociado á idade, produtos a xeito de suplementos que segundo os Institutos Nacionais de Saúde de Estados Unidos (NIH) consomen o 43% dos adultos estadounidenses e máis do 60% das norteamericanas maiores de 60 anos. Pero coidado porque tal e como alerta un estudo dirixido por investigadores da Facultade de Medicina da Universidade John Hopkins en Baltimore (EE.UU.), o calcio contido nos suplementos pode aumentar o risco de aterosclerosis e de dano coronario, incrementando así, e moito, a probabilidade de sufrir un infarto de miocardio. Un efecto negativo, pola contra, que non se observa no caso do calcio proveniente da dieta.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Aquí presentámoslle unha táboa con alimentos ricos en Calcio, o contido exprésase en miligramos por cada 100 gr. de porción comestible do produto.

Táboa de alimentos ricos en calcio

ALIMENTOS E O SEU CONTIDO EN CALCIO
Queixo Gruyere, emmental, roquefort, bóla 560-850
Queixo manchego fresco 470
Sardiñas en aceite 400
Améndoas, abelás 240
Lagostinos, lagostinos, gambas 220
Queixo de Burgos 186
Iogur 180-127
Figos secos 180
Garavanzos 145
Natillas e flans 140
Pistachos 136
Leite de vaca 130
Xudias brancas, fabas secas 130
Ameixas, berberechos, chirlas… 120
Chocolate con leite 120
Batidos lácteos 120
Acelgas, cardo, espinacas, allo porro… 114-87
Queixo en porcións 98
Noces, dátiles, pasas… 70
Olivas 63
Requeixo e callada 60
Lentellas 56
Ovo de galiñas 51
Bacallau 51
Pasteis e pastas 48
Sardiñas 43
Alcachofas, coles, repolo, xudías verdes 40

En ambos estudos podemos determinar sen dúbida a importancia dunha dieta variada e natural, convertindoa na nosa mellor menciña.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO