A familia Franco vende o pazo de Meirás a Cristiano Ronaldo

Fontes perfectamente fiables informaron a este xornal de que a venda se levará a cabo por 20 millóns de euros

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

03/10/2018 | Humor

Segundo informa un directivo do clube de fútbol Sociedade Deportiva Cacheiras (para mais señas era un señor de bigote cun paraugas negro) Cristiano Ronaldo ante a inminente falta de trofeos tras a súa saída do Madrid decidiu mercar o pazo de Meiras para telo coma un trofeo.

Segundo informou esta fonte o propio Cristiano Ronaldo comprometeuse a devolver o pazo os galegos mediante un particular sistema “Eu quero un trofeo e os galegos queren recuperar o pazo de Meirás, unha vez reformado o pazo pasará a ser unha peña de Cristiano Ronaldo, un lugar de culto e adoración a miña figura. Meirás pasará a ter un mausoleo do mellor xogador de futbol de todos os tempos e poderán ir a adorarme sempre que queiran, de cando en vez exporei alí tamen os meus vehículos e se me veño moi arriba incluso ensinarei os meus abdominales”

A familia Franco pola súa parte non quiso facer declaracións pero insistiú mediante un burofax en que “existe unha clausula anti barça, se Cristiano fichaxe polo Barça ou algun equipo das vascongadas; o pazo tería que ser devolto a nosa familia, deixamolo todo atado e ben atado”

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Seguiremos embrullando!  Sección Chouchadas | Xornal Galego – Humor

Deixa unha resposta