A igrexa inmatricula a ponte de Rande e será de balde

Laura Garrido para a Sección Chochadas | Xornal Galego

16/09/2018 Redacción zona sur

Segundo informan fontes directas dende a sala de espera dun centro de saúde galego, onde a media de idade e de 73 anos. A diocese Tui – Vigo ven de inmatricular a ponte de Rande o seu nome. Segundo informan estas mesmas fontes; ante a falta de asistencia de feligreses a misa dos domingos a igrexa viuse na obriga de inmatricular a ponte de Rande co fin de crear un carril na peaxe de balde polo que so poderán pasar os bos cristiáns.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Actualmente o CSIC está a estudar un sistema de tele-peaxe que permita que permita recoñecer automaticamente os bos cristiáns. Namentres deberán pasar polo sistema de peaxe normal e respostar a unha serie de preguntas sobre a biblia xa que nas cabinas haberá curas que no caso de resultar non ser bo cristián repartiran hostias logo de cobrar os 9 euros que pasará a custar a peaxe.

Segundo informan estas mesmas fontes as ambulancias quedarán exentas deste tramite pasando directamente por escáner que tele transportará directamente o enfermo ó Hospital de pladur Álvaro Cunqueiro, ou levará directamente o inferno a todo aquel non católico, comunista, poeta ou borralla similar.

Fontes moi próximas a esta redacción coinciden en que o final era visto que a solución a ponte de Rande chegaría a base de hostias.

Seguiremos a informar a medida que se vaia quentando a sala de espera do centro de saúde.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO