A industria británica pretende blindar o acceso aos medicamentos durante o brexit

A industria británica pretende blindar o acceso aos medicamentos durante o brexit

A industria británica pretende blindar o acceso aos medicamentos durante o brexit Así o expresa nun informe que asinaron as principais representantes e asociacións farmacéuticas do país Ante a ameaza dun posible desabastecemento neste novo escenario que se planea durante as negociacións do brexit, a industria arriba o ombreiro e lanza un informe no que

A industria británica pretende blindar o acceso aos medicamentos durante o brexit
Así o expresa nun informe que asinaron as principais representantes e asociacións farmacéuticas do país

Ante a ameaza dun posible desabastecemento neste novo escenario que se planea durante as negociacións do brexit, a industria arriba o ombreiro e lanza un informe no que traza as súas liñas vermellas e no que lembra que os fármacos axudan aos pacientes do Reino Unido e de toda a UE a vivir vidas máis longas e produtivas e que a saída da Unión Europea non debería influír, de forma negativa, na maneira en que os medicamentos se desenvolven, proban, regulan e fornecen aos pacientes. (que é a homeopatía?)

O informe está subscrito, entre outros, pola asociación de empresas da industria farmacéutica británica Abpi, a patronal das empresas de autocuidado AESGP, a asociación de xenéricos Medicines for Europe e outro sete organizacións que representan o tecido produtivo do sector, que non oculta a súa preocupación no texto: Está en xogo a saúde dos pacientes e é fundamental que os negociadores comprendan este reto e dean prioridade aos pacientes nas negociacións do Artigo 50. As 27 páxinas coroan a disposición común que require a industria para mediar entre ambas as partes.

Relacionado: Europa multa a España polas restriccións a medicamentos homeópaticos

A homeópatia a debate: un dos obxetivos para a OMS para o periodo 2014-2023 e o de fomentar a integración da Medicina non Convencional nos sistemas nacionais de saúde. Relacionado: Homeópatia a grande perseguida…

BREXIT: Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea de 2016 que gañou a saída, opción coñecida popularmente como “brexit”.
A saída do Reino Unido da Unión Europea, comunmente abreviada como brexit ([breksit], acrónimo das palabras inglesas Britain e exit, Gran Bretaña  é un proceso político en curso que persegue o abandono do Reino Unido da Unión Europea. Esta era unha meta política perseguida por determinados partidos políticos, grupos civís e persoas do Reino Unido desde 1973. Saír da Unión Europea é un dereito dos Estados membros recoñecido polo artigo 50 do Tratado da Unión Europea.

Xa en 1975 celebrouse un primeiro referendo sobre a permanencia do país na Comunidade Económica Europea, precursora da UE, con resultado favorable á permanencia. En 2016 produciuse un segundo referendo sobre a pertenza, que se celebrou o xoves 23 de xuño, que arroxou un resultado favorable á saída da Unión Europea con case un 52 % dos votos, fronte a un 48 % que avogou pola permanencia.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor