A noite meiga de San Xoán unha tradición máxica

Galicia arde na noite de San Xoán, unha máxica tradición que marca a diferenza en Galicia

É, sen dúbida a noite de San Xoán en Galicia, un día festivo polo acervo popular que esta festa ten gañado con suor, a diferenza doutros celebrados por motivos culturais (Días dás Letras Galegas, 17 de xuño), históricos (a Hispanidade, 12 de outubro), políticos (a Constitución, 6 de Decembro) ou relixiosos (calquera patrón local ou días marcados polo calendario litúrxico). A noite de San Xoán e sen dúbida a noite mais máxica de Galicia.

 

Tamén a auga é un elemento importante nesta máxica noite de San Juan. Un dos rituais se se está preto do mar, consiste en bañarse ás doce da noite deixando que o corpo reciba as ondas para invocar a boa sorte.

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A chegada do verán e o que sen dúbida fai que a todo o mundo lles cámbie o humor e que mellor maneira de celebralo que saltar as cacharelas (fogueiras), asar unhas sardiñas, beber viño e brindar coa tradicional queimada.

 

Outro ritual consiste en deixar á luz da Lúa un recipiente con auga. Ao día seguinte, móllache con esa auga as mans e a cara e estarás protexido contra calquera influencia negativa.

 

É a festividade máis estendida de Galicia, e transcende máis aló de todo tipo de cuestións sociais, culturais ou relixiosas. Unha tradición que se celebra en cada pobo de Galicia coa mesma intensidade e coas mesmas variables: fogueiras, sardiñas e viño. A noite de San Juan (o 23 de xuño) é a celebración da nosa cultura onde máis abundan costumes, lendas e supersticiones. As crenzas populares contra meigas e espíritos -que procuran invocar ao ben e afastar ao mal- sempre foron moi fortes e mantivéronse co paso do tempo. Non se sabe con exactitude a súa orixe, pero podería remontarse ao momento en que o home se deu conta do movemento de translación ao redor do sol. Teorías hai moitas, pero o que non podemos negar é o ensalzamiento que se fai do lume en moitos países do hemisferio norte.

Saltar na fogueira: É unha tradición estendida por España, en Galicia hai que saltar nove veces sobre a fogueira pero en Valencia e Alacante son sete. Desta forma cumpriranse os teus desexos.

Aínda que a felicidade desborda a celebración de calquera parroquia ou barrio, máis encanto ten á beira da praia. De entre todas as localidades costeiras destaca A Coruña , onde esta festa pagá foi declarada de interese turístico nacional en 2003 (comezaran nos anos setenta e en 1992 cambiáronse á praia de Riazor), e que leva camiño de conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. Para conseguilo iso promovéronse, e este mes apareceu en multitude de artigos de xornais (o suplemento Destinos do Xornal de Catalunya, por exemplo), revistas especializadas en viaxes (Lonely Planet cualificou as fogueiras como unha cita imprescindible este mes; tamén nun suplemento da revista lusa Visão ou artigos en revistas de compañías aéreas que operan desde Alvedro, como Ling de Vueling) e blogue especializados. Ademais, eDreams lanzou un paquete especial para viaxar A Coruña coas fogueiras de San Juan como reclamo, e nos diferentes soportes deste portal turístico (líder en venda e promoción de viaxes en liña) as ofertas de lecer promocionaranse durante todo este mes.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Dáte un baño nocturno: Quen celebran a fogueira na praia poden darse un mergullo. A razón é que o baño é un símbolo de saúde e elimina as enerxías negativas. Para as zonas que non teñen mar, o baño substitúese por lavarse o cara pero coidado, non te mires ao espello; poderían romper o feitizo.