A Plataforma de Infancia pide a Pedro Sánchez que a infancia sexa unha prioridade

A Plataforma de Infancia pide a Pedro Sánchez que a infancia sexa unha prioridade

A Plataforma de Infancia pide a Pedro Sánchez que a infancia sexa unha prioridade no seu mandato A aprobación da moción de censura marca o comezo do mandato de Pedro Sánchez como Presidente do Goberno. Entre as prioridades deste novo Goberno debe estar a infancia sinala Adolfo Lacuesta “Hai moito traballo avanzado pero é necesario

A Plataforma de Infancia pide a Pedro Sánchez que a infancia sexa unha prioridade no seu mandato

A aprobación da moción de censura marca o comezo do mandato de Pedro Sánchez como Presidente do Goberno. Entre as prioridades deste novo Goberno debe estar a infancia sinala Adolfo Lacuesta “Hai moito traballo avanzado pero é necesario convertelo en leis e políticas concretas para garantir o cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes en España”. Cinco son as peticións que a Plataforma de Infancia fai ao novo Presidente do Goberno:

En primeiro lugar, aprobar a Lei para Erradicar a Violencia contra a Infancia. Tan só en 2016 rexistráronse 37.495 denuncias por delitos violentos contra nenos e entre 2012 e 2016 faleceron máis de 100 nenos e nenas por causas violentas. É urxente aprobar esta lei, sinala Lacuesta. Existe un consenso parlamentario e un traballo feito co goberno anterior sobre o seu contido. Pedímoslle ao novo goberno que a traslade ao lexislativo canto antes para poder aprobala nesta lexislatura.

En segundo lugar, elaborar o III Plan de Infancia e Adolescencia (PENIA). Trátase dunha das recomendacións que fixo este ano a España o Comité dos Dereitos do Neno de Nacións Unidas. Este III Plan permitirá coordinar mellor as políticas de infancia a todos os niveis da administración

Aínda que a taxa de risco de pobreza infantil e exclusión social en España reduciuse nos dous últimos anos en 1,4puntos, séguese situando nun 32,9% en 2016, unha taxa moi elevada. Por iso, a terceira petición da Plataforma de Infancia a Pedro Sánchez é que o seu Goberno traballe para elaborar unha Estratexia de Pobreza e Exclusión Social na que se comprometa, a longo prazo, coa redución da pobreza infantil.

Para iso é fundamental incluír, nos seguintes orzamentos do Estado, partidas específicas para ampliar a contía e a cobertura da prestación por fillo a cargo, así como para aumentar o número de prazas públicas de educación de 0 a 3 anos explica Lacuesta. Ambas as medidas permitirían reducir a pobreza infantil, e terían tamén un impacto considerable na redución da pobreza nos adultos.

O PSOE incluía no seu programa electoral o impulso dun Pacto de Estado pola Infancia. Unha dos compromisos que veñen demandando as organizacións de infancia. Este Pacto de Estado pola Infancia debe conseguir que os futuros gobernos garantan uns compromisos mínimos en termos de investimento, protección etc.

Por último, segundo a Plataforma de Infancia, o novo goberno debe fomentar e dar exemplo en xerar canles de participación infantil para que se teña en conta a opinión de nenos, nenas e adolescentes nas cuestións que lles afectan.

Estas a favor da custodia compartida? * Sempre se plantexa nos casos de que non exista motivo xudicial algún para afastar o neno da nai ou do pai

Graciñas pola tua participación!

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor