A Policía Autonómica achaca os lumes de outubro a “un cóctel meteorolóxico perfecto”

A Policía Autonómica achaca os lumes de outubro a “un cóctel meteorolóxico perfecto”

A investigación atribúe a propagación das chamas á combinación de fortes ventos, altas temperaturas e a seca sen mencionar a trama incendiaria da Xunta Máis de 352 incendios se iniciarion de forma simultánea o pasado 15 de outubro en Galicia, unha vaga de lumes que causou catro falecidos e arrasou máis de 49.000 hectáreas. Ante

A investigación atribúe a propagación das chamas á combinación de fortes ventos, altas temperaturas e a seca sen mencionar a trama incendiaria da Xunta

Máis de 352 incendios se iniciarion de forma simultánea o pasado 15 de outubro en Galicia, unha vaga de lumes que causou catro falecidos e arrasou máis de 49.000 hectáreas. Ante esta situación, a Xunta defendeu a existencia de grupos organizados e denunciou o ataque do “terrorismo incendiaria”. Pero a Fiscalía Superior de Galicia nas conclusións da súa investigación aberta sobre o caso e que presentou o mes pasado descartou tramas organizadas como apuntaba o Goberno galego e achacou o descontrol das chamas á seca e o vento. Na mesma liña vai o informe da Policía Autonómica sobre os 97 lumes deses días que investigou -nove na Coruña, 15 en Lugo, 51 en Ourense e 22 en Pontevedra- e que onte enviou á comisión de incendios do Parlamento galego. Os fortes ventos que desprazaron as brasas ata cinco quilómetros, as altas temperaturas e a seca formaron, segundo o corpo de seguridade, “un cóctel meteorolóxico perfecto” que provocaron a traxedia.

No seu documento, os axentes fan referencia ao tempo e a outras causas “ecolóxicas e sociais” pero non analizan cuestións relacionadas sobre incendiarios, polo que non mencionan a explicación do Goberno galego aludindo á tese terrorista. O informe só fai unha única referencia á intencionalidade dos incendios para apuntar que coa chegada do outono aumentan os casos nos que detrás dos lumes está a man do home “tanto para recuperar zonas de pasto como pola coincidencia do final da campaña de extinción”. Pero aclaran que non é habitual nestes casos “a virulencia, magnitude e rápida propagación das chamas” como sucedeu no segundo fin de semana de outubro.

Nesta liña, a Policía Autonómica chama a atención sobre que o abandono do rural nos últimos anos provocou que esas áreas carezan dunha xestión forestal preventiva. Ademais, fai referencia ao aumento de urbanizacións illadas dos núcleos urbanos e delimitadas por montes, que “dificultan moito as tarefas de extinción”. O despoboamento do rural galego e o abandono dos espazos forestais son, de feito, dous dos factores que, na súa opinión, máis ligados están aos lumes de hoxe en día. Desde o corpo de seguridade destacan tamén o envellecemento das persoas que quedan vivir no campo, o que contribúe a que se deixen de realizar as actividades agrícolas tradicionais.

Na onda incendios de outubro, con todo, achacan como principais causas as elevadas temperaturas e o ambiente seco que facilitaron a propagación das chamas. A seca que arrastraba a comunidade durante meses provocou “a deshidratación de plantas”, que tal e como se recolle no texto, dá lugar á emisión de etileno, un composto químico “moi inflamable” que “multiplica o risco de incendios na zona”. Ao avance das chamas tamén contribuíu -engaden- os ventos que, por exemplo en Vigo, superaron os 80 quilómetros por hora. De feito, explican que cando os refachos chegan a 36 km/h o lume propágase “a dous quilómetros por hora”.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor