A raíña emérita Sofía provoca outra polémica coa sua presenza nunha voda

A raíña emérita Sofía provoca outra polémica coa sua presenza nunha voda

A presenza de Dona Sofía na voda do duque de Huéscar, Fernando Fitz-James Stuart, e Sofía Palazuelo, levantou bochas, en máis dun, e é que a Casa Real ten por norma non asistir a este tipo de eventos se venderon a súa exclusiva, porque a súa mera presenza eleva o caché, e nesta ocasión a

A presenza de Dona Sofía na voda do duque de Huéscar, Fernando Fitz-James Stuart, e Sofía Palazuelo, levantou bochas, en máis dun, e é que a Casa Real ten por norma non asistir a este tipo de eventos se venderon a súa exclusiva, porque a súa mera presenza eleva o caché, e nesta ocasión a voda estaba vendida a revista do corazón HOLA.

A revista publicará a reportaxe da voda da Casa de Alba esta semana. Con todo, xa se puideron ver algunhas fotos nas que aparece a raíña Sofía coa parella de noivos en distintas web e na conta de Instagram da familia.

Fontes do Palacio da Zarzuela aseguran que “os reis non participan de exclusivas”, e engaden que a raíña foi a título privado e en ningún caso como parte da axenda oficial.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor