A sanidade ocupa o 4º posto nacional en número de folgas

Segundo os datos do Ministerio de Traballo, en España durante xaneiro e maio do 2018 desenvolvéronse 32 folgas no sector das actividades sanitarias e de servizos sociais, das cales participaron máis de 30 mil profesionais.

As folgas do sector sanitario sitúanse na cuarta posición, só no mes de maio houbo nove, colocándose por detrás de sectores como a industria manufacturera con 110 folgas, transporte e almacenamento con 42 e as actividades administrativas e servizos auxiliares con 40.

O informe do Ministerio de Traballo tamén indica a detalle o número de traballadores participantes nas folgas laborais; neste caso 30.025 profesionais sanitarios participaron de maneira activa nalgún tipo de paro entre xaneiro e maio, detrás do sector Educación con 64.842 participantes. Desta maneira, non se pode garantir a saúde das persoas.

Os números indican que dentro do propio sector sanitario, 25.541 profesionais pertencen á asistencia en establecementos residenciais, 3.093 á sección das actividades sanitarias e 1.391 á sección das actividades de servizos sociais sen aloxamento. En maio 1.391 profesionais dese tres seccións participaron nas folgas laborais.

Con respecto ao ano 2017, os datos reflicten que se desenvolveron 59 folgas no sector das actividades sanitarias e dos servizos sociais, acumulando 25.383 xornadas non traballadas, onde participaron 7.010 traballadores.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Médicos de León lideran folga en Atención Primaria
Desde o primeiro de agosto arrincou a folga de médicos de Atención Primaria na zona de Castela e León, sendo a rexión onde máis facultativos están en folga, un total de 152 médicos sobre un persoal de 278 en total; é dicir, o 54, 67 por cento non acudiu aos seus postos de traballo..

Ao parecer, tras 20 días de folga, xa se logrou un acordo entre o Sindicato Médico e a Consellería de Sanidade, ao atender as súas principais reivindicacións. A realidade é que estes feitos son un delito contra a saúde pública, xa que moitas persoas víronse afectadas por este feito.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Esther R.

Deixa unha resposta