A Xunta destina recursos ás áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos galegos

A Xunta destina recursos ás áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos galegos

A Xunta destina preto de 18 millóns de euros ás áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos galegos O Goberno galego, en función das solicitudes dos concellos, distribuirá os fondos dispoñibles, asinaranse os correspondentes convenios e os municipios convocarán as axudas   A Xunta destinará case 18 millóns de euros ás actuacións de rehabilitación

A Xunta destina preto de 18 millóns de euros ás áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos galegos

O Goberno galego, en función das solicitudes dos concellos, distribuirá os fondos dispoñibles, asinaranse os correspondentes convenios e os municipios convocarán as axudas

 

A Xunta destinará case 18 millóns de euros ás actuacións de rehabilitación de vivendas nas áreas de rehabilitación integral (ARI) declaradas en 41 concellos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se abre o prazo para solicitar a participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018–2021, que se executa a través das ARI.

A resolución establece un prazo dun mes para que os concellos que teñen unha ou máis ARI no seu ámbito municipal soliciten a súa participación no reparto dos fondos destinados en 2018. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/1HzHbX

En función das solicitudes presentadas polos concellos con áreas de rehabilitación declaradas, a Xunta realizará o reparto dos fondos dispoñibles. Posteriormente, os municipios deberán asinar os correspondentes convenios e procederán á convocatoria das axudas, que poderán solicitar os propietarios das vivendas a rehabilitar.

A estas axudas poderán optar os propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades de propietarios e as súas agrupacións, os consorcios e os entes asociativos de xestión.

Tamén poderán beneficiarse das axudas os propios concellos para actuacións de urbanización do ámbito das ARI e para as oficinas municipais de rehabilitación, que tamén serán financiadas pola Xunta.

Subvencións

O importe das axudas contemplan ata o 40 % do custe subvencionable da actuación. Este límite poderá alcanzar o 75% cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a tres veces o IPREM, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou se acredite que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

A achega máxima da axuda por vivenda será da seguinte contía:
12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.
30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.
2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por construída para as actuacións de mellora da calidade e sostibilidade do medio urbano.
4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ata un máximo de 3 anos.
1.000 euros por vivenda rehabilitada ou construída, para financiar a xestión e os equipos e oficinas de planeamento, información, xestión e acompañamento social.

Cómpre destacar que as axudas incrementaranse nun 25% cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe das axudas autonómicas terán a contía máxima seguinte:
4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención exceda do 10 % do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio.
1.500 euros por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra demolida, para financiar o custo dos equipos e das oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.

área de rehabilitación dos Camiños de Santiago

á convocatoria de hoxe cómpre sumar a da Xunta, que destinará preto de 2,9 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da ARI dos Camiños de Santiago.

O prazo para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados nestas axudas está aberto ata o vindeiro 31 de outubro.

O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.

Actualmente Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais da ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor