A Xunta recepciona este mércores as obras do centro de saúde de Ares

A Xunta recepciona este mércores as obras do centro de saúde de Ares

A Xunta recepciona este mércores as obras do centro de saúde de Ares ​A Xunta de Galicia recepciona este mércores as obras do novo centro de saúde de Ares. A construcción da nova infraestrutura contou cun orzamento de 1.706.747,45 euros e os traballos realizáronse segundo o previsto, nun prazo de 15 meses e con remate

A Xunta recepciona este mércores as obras do centro de saúde de Ares

​A Xunta de Galicia recepciona este mércores as obras do novo centro de saúde de Ares. A construcción da nova infraestrutura contou cun orzamento de 1.706.747,45 euros e os traballos realizáronse segundo o previsto, nun prazo de 15 meses e con remate no verán de 2018. A Xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ferrol porá en marcha a partir do mércores o dispositivo de instalación e de equipamento do centro e nas vindeiras semanas comunicará o inicio da asistencia sanitaria no novo edificio.
A Xerencia da área agradece ao concello de Ares a cesión provisional dun local na Praza da Constitución no que se realizou a asistencia sanitaria durante a construción do centro, situado na mesma parcela do anterior. Tamén agradece o importante esforzo de todos profesionais que tiveron que desprazarse de xeito provisional aos espazos municipais para continuar o seu traballo asistencial e así mesmo, aos pacientes por todas as molestias que puido ocasionarlles este traslado temporal durante a construción  desta nova insfraestrutura. O novo edificio permitirá tanto aos profesionais como aos pacientes e usuarios dispor dun centro de saúde máis moderno e adaptada ás súas necesidades, e que en definitiva dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello.
O centro de saúde de Ares ofrece a atención a un total de 4.814 tarxetas sanitarias, das que 560 son menores de 15 anos. Neste centro, traballan un total de tres especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, unha pediatra, unha matrona, catro profesionais de Enfermaría, e dous administrativos. Na súa carteira de servizos ofrécese atención ó adolescente, ó adulto, ó ancián, ó paciente crónico; e asistencia domiciliaria, pediátrica, da muller e do neno san.
Conta tamén con cirurxía menor, descentralización do Tratamento de Anticoagulación Oral, con doppler vascular, con tonómetro, con petición electrónica do laboratorio, e con consulta telefónica. As unidades de apoio de Odontoloxía, Farmacia, traballadora social e retinografías ofrécense no centro de saúde de Fene; ó igual que o Punto de Atención Continuada.
Melloras do novo centro de saúde
O novo edificio ten unha superficie total construída entre os tres andares de 1.354 metros cadrados, dos cales 1.174 son útiles. Conta con planta baixa e primeiro piso, ademais dun soto, co que non conta o existente e que alberga as instalacións do edificio (calefacción, cadros eléctricos, grupo electróxeno, ventilación, etc.).
Na planta baixa hai seis consultas, unha delas de pediatría, coas súas salas de espera, sala de historias clínicas, habitación de toma de mostras ou analíticas, e despachos, entre outras instalacións xerais.

 

Pola súa banda, no primeiro andar habilitáronse tres consultas e dúas salas de enfermería, sala de educación da saúde, ademais doutras estancias coma despachos para xestión e coordinación, almacén ou consulta para matrona.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor