Aberto o prazo de axudas para casas niño ata o 3 de setembro

Aberto o prazo de axudas para casas niño ata o 3 de setembro

A Xunta aposta polas casas niño como vía para favorecer a conciliación nos concellos rurais de Galicia A Consellería de Política Social ten aberta ata o día 3 de setembro unha nova convocatoria de axudas, a terceira, que sumada ás dúas anteriores de 2016 e 2017, permitirá contar con 61 Casas Niño en contornas rurais

A Xunta aposta polas casas niño como vía para favorecer a conciliación nos concellos rurais de Galicia

A Consellería de Política Social ten aberta ata o día 3 de setembro unha nova convocatoria de axudas, a terceira, que sumada ás dúas anteriores de 2016 e 2017, permitirá contar con 61 Casas Niño en contornas rurais da xeografía galega

20/08/2018|Xunta de Galicia

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González Méndez, insistiu hoxe na importancia que teñen as Casas Niño para o fomento da conciliación nos concellos rurais. Así o apuntou durante unha visita á Casa Niño Pequeniños de Dozón, un servizo gratuíto para as familias desta localidade pontevedresa que na actualidade atende a cinco nenos e nenas en horario de 8,00 a 16,00 horas e que abriu as súas portas o pasado mes de abril.

Durante o seu percorrido polas instalacións, a directora xeral fixo fincapé en que o Goberno galego seguirá estendendo as Casas Niño para crear unha rede máis ampla de recursos de conciliación no rural grazas á terceira convocatoria destas axudas para outorgar outras 15 subvencións para o desenvolvemento doutros tantos proxectos e que permanecerá aberta ata o vindeiro luns 3 de setembro. No seu conxunto, entre as dúas primeiras convocatorias de 2016 e 2017 e a nova orde de axudas a Xunta investirá 6,1 millóns de euros que farán posible a existencia dun total de 61 Casas Niño.

Amparo González sinalou que o impulso deste programa no ámbito da conciliación “é unha mostra da inequívoca aposta da Xunta de Galicia por que nos municipios rurais existan os mesmos recursos que nas cidades”, nomeadamente no ámbito da familia e a infancia. Así mesmo, apuntou que tamén “constitúe un apoio ás persoas emprendedoras en localidades de carácter rural que con proxectos como este dan resposta a unha demanda como é o coidado dos máis pequenos e ás necesidades de conciliación”.

Cómpre sinalar que as Casas Niño constitúen un recurso gratuíto para as familias que residen en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia. Esta medida forma parte das propostas que se contemplan no Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) que a Consellería de Política Social está a desenvolver dende finais de 2015 con accións como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a apertura de novas escolas infantís –con especial atención aos polígonos empresariais e industriais- ou o incremento de prazas 0-3 anos sostidas con fondos públicos. O compromiso da Xunta é que no ano 2020 todos os concellos de Galicia teñan, como mínimo, un recurso de conciliación.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor