Activo un incendio en Cervantes (Lugo)

Activo un incendio en Cervantes (Lugo)

Activo un incendio en Cervantes (Lugo) que afecta a un total de 40 hectáreas. O devandito Incendio permanece controlado.  Todos os focos do lume están baixo control pero afectan a unhas 40 hectáreas de Carballeda de Valdeorras (Ourense), o lume que arrasou xa un total de 137 hectáreas. A Consellería do Medio Rural informou que desde as 01,45 horas da madrugada do domingo está activo un incendio na parroquia de Vilaspantes, situada no municipio lugués de Cervantes.

En Cervantes está activo un incendio forestal iniciado ás 01:45 horas desta madrugada na parroquia de Vilaspasantes, con cinco focos que en total suman unhas 40 hectáreas, segundo estimacións provisionais.No seu control traballan 3 axentes, 9 brigadas e 5 motobombas.En Carballeda de Valdeorras (Ourense), permanece controlado desde as 20:46 horas de onte o último foco deste incendio, na parroquia de Soutadoiro.Neste incendio houbo ata seis focos simultáneos, que segundo as últimas estimacións provisionais afectaron en total a unhas 137 hectáreas de monte raso.O resto dos puntos de lume quedaron extinguidos ao redor das 21:00 horas de onte.Nos traballos de extinción deste incendio participaron 1 técnico, 13 axentes, 28 brigadas, 3 motobombas, 7 helicópteros e 1 avión.

 

Deixa unha resposta