Acusan ao Sergas de inflar as consultas debido a fallos informáticos

Médicos interinos galegos acusaron ao Sergas Servizo Galego de Saúde de inflar as consultas debido a fallos informáticos e de facer a vista gorda ante fallos informáticos que se están dando e que está a provocar a duplicidade de citas de pacientes a unha mesma hora.

 

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) acusou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de inflar as consultas médicas grazas a fallos informáticos que se están dando. Apuntan que recibiron queixas dalgúns médicos de familia que teñen que atender a máis pacientes que non foron incluídos nas listaxes das consultas polo sistema informático

Estes casos, indican desde Asmig, prodúcense por mor dos erros da aplicación telemática para pedir cita previa mediante Internet. Desta maneira, sinalan que o que está a ocorrer é que as citas previas non son atendidas en ningún caso por persoal cualificado, senón mediante un sistema automático que asigna as citas, pero non as envorca nas listas das consultas diarias.

Desde a Asociación de Médicos Interinos de Galicia inciden en que se están dando situacións “moi molestas para os médicos de Primaria” polo que insta ao Sergas a porse “ao choio” para corrixilo
Por este motivo, a asociación de médicos interinos tivo constancia de casos de duplicidade de citas para dous pacientes na mesma hora, sendo este feito unha grave distorsión dun programa cuxas deficiencias eran xa coñecidas, pero que, lonxe de corrixirse, ultimamente parecen ir a máis. Estas situacións, inciden, están a ser moi molestas para os médicos de Primaria.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Debido a estes problemas, desde Asmig instaron ao Sergas a terminar dunha vez por todas con estes fallos e someta ao programa utilizado ás correspondentes melloras, para que nin médicos nin pacientes teñan que padecer as súas consecuencias. Critican, finalmente, que desde a sanidade pública galega está a facerse a vista gorda ante este asunto. Por iso, solicitan que póñanse canto antes ao choio para corrixir este servizo manifestamente mellorable.

Deixa unha resposta