Ana pastor a posible sustituta de Rajoy e posiblemente única alternativa a Feijoó

Ana Pastor Julián, “A zamorana de Pontevedra”, e segundo dín de una fidelidade a Mariano Rajoy incuestionable. Son amigos dende fai xa décadas, pero quén e Ana Pastor?

Nome completo Ana María Pastor Julián
Nacemento 11 de novembro de 1957
Cubillos
Nacionalidade España
Ana María Pastor Julián, nada o 11 de novembro de 1957 en Cubillos, provincia de Zamora,[1] é unha médica e política española que realizou a totalidade da súa vida profesional en Galicia.

Dende xullo de 2016 é presidenta do Congreso dos Deputados. Anteriormente foi ministra de Sanidade e Consumo do Goberno de España entre os anos 2002 e 2004 e ministra de Fomento entre 2011 e 2016.

Naceu no seo dunha familia de labradores. O seu pai, Victoriano Pastor, aínda que nacido en Viveiro, residía na vila zamorana de Cubillos. Ana Pastor fixo os seus primeiros estudos na escola da súa vila natal, sendo unha alumna aventaxada de Evangelina, a súa mestra. Na súa xuventude pensaba ser matemática, pero máis tarde orientouse cara á medicina, licenciándose na Universidade de Salamanca, e especializánsode en Medicina Familiar e Comunitaria.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Ademais de licenciada en Medicina e Cirurxía, é MBA en Business Administration. Ademais, é funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria do Estado.

Actividade como médica
O seu primeiro destino profesional foi como médica no centro de saúde do concello de Crecente, posto obtido por oposición. Alí coñeceu ao que sería o seu marido, o crecentense José Benito Suárez Costa, hoxe presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.

Posteriormente foi xefa do servizo de Planificación Sanitaria da delegación pontevedresa da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, logo foi xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra e despois directora provincial do Sergas.

Actividade na política

Ana Pastor canda Rosa Díez, nunha manifestación de Galicia Bilingüe.

Ana Pastor en 2014.
En 1996, tras o triunfo electoral do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeada directora xeral da Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), dependente do ministerio de Administracións Públicas, que tiña daquela como titular a Mariano Rajoy.

A partir dese momento inicia unha carreira ascendente na administración do Estado, que a levan a ocupar sucesivamente os postos de subsecretaría en todos os departamentos dos que Rajoy foi nomeado ministro: Educación e Cultura (1999), Presidencia (2000) e Interior (2001). Finalmente, entre 2002 e 2004 convértese en ministra de Sanidade e Consumo.[5]

Eleccións a Cortes 2016. Candidatos a deputados por Pontevedra polo PP.
Foi elixida deputada en 2000, 2004, 2011, decembro de 2015 e de xuño de 2016 polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra.

Desde 2004 é Secretaria Executiva de Política Social e Benestar do PP.

En 21 de decembro de 2011 foi designada ministra de Fomento por Rajoy, para formar parte do primeiro goberno do PP tras o triunfo do devandito partido nas Eleccións Xerais do 20 de novembro, posto que ocupou durante toda a lexislatura.

Presidencia do Congreso
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou o 18 de xullo de 2016 que Pastor era a candidata dos populares á presidencia do congreso dos Deputados.[6]

O 19 de xullo de 2016 foi proclamada presidenta do Congreso da XII Lexislatura. A súa designación necesitou de dúas roldas de votacións da sesión constitutiva, xa que na primeira non alcanzou a maioría absoluta requirida polo regulamento da Cámara. Na segunda acadou a maioría simple, obtendo 169 votos dos deputados do PP e de Ciudadanos, e 10 máis seguramente dos nacionalistas cataláns e vascos, fronte aos 155 obtidos polo candidato socialista e anterior presidente da Cámara, Patxi López (ademais, houbo 25 votos en branco).

Tras a súa toma de posesión, Pastor converteuse na segunda muller que preside o Congreso, tras a tamén popular Luisa Fernanda Rudi.

Ao día seguinte á súa proclamación, a nova presidenta foi recibida polo rei Filipe VI, a quen lle comunicoou oficialmente que a Cámara Baixa quedara constituída e lle trasladaou a relación de forzas políticas que a compoñenen, para que o xefe do Estado poida iniciar así a rolda de consultas políticas previas á investidura.

Honras e distincións
No ano 2000 foi galardoada coa Medalla de Galicia, na súa categoría de prata.
No ano 2003 foi nomeada filla adoptiva de Crecente, e déuselle o seu nome á praza principal da vila, anteriormente denominada plaza del Caudillo
Cargos públicos desempeñados desde 1999

Subsecretaria de Educación, Cultura e Deporte
1999-2000

Subsecretaria da Presidencia
2000-2001

Subsecretaria do Interior
2001-2002

Ministra de Sanidade e Consumo
2002 – 2004

Secretaria executiva de Política Social do PP
2004 – 2008

Vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados
2008 – 2011

Ministra de Fomento
2011 – 2016

Presidenta do Congreso dos Deputados
2016

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

*Coa colaboración de Galipedia

Deixa unha resposta