Angel Nieto estará presente grazas a un mural no sitio do accidente

Angel Nieto sempre estará presente grazas a un mural do artista Necko no sitio do fatal accidente

 

 

“Con motivo do primeiro aniversario do falecemento de Angel Nieto, o artista Necko pintou un gran mural no sitio do accidente que lle custou a vida ao campión. A iniciativa xurdiu de Ricardo Urgell, creador do grupo Pacha e amigo íntimo, conxuntamente coa familia Nieto, co obxectivo é deixar testemuño do agarimo co que a xente de Eivissa sempre lembrará ao 12+1 veces campión do mundo de motociclismo.

O día 3 de agosto cúmprese un ano da morte de Angel Nieto. O empresario Ricardo Urgell e a familia contactaron con Necko para deseñar un mural que mantivese presente o recordo do campión. O empresario di ter presente todos os días ao seu gran amigo, pasa a diario polo punto de accidente. Conta tamén que aínda ten na súa casa, o quad e o casco que levaba nese fatídico momento.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

O sitio exacto do accidente foi o elixido para plasmar o recordo, era o sitio natural para a obra. Unha parede de 25 x 5 metros é o soporte da obra na que Necko plasmou non só o seu recordo como deportista se non como persoa próxima e querida na illa.

 

Necko detalla que tras o proceso creativo, baseado nas numerosas conversacións con amigos e familia, tenta reflectir a personalidade do deportista: “Dixéronme que era moi aberto, moi da rúa. Quería plasmar iso, pero sen esquecer a súa gloria deportiva”. O seu rostro riseiro sobre un corazón con veladura, que crea un efecto como dun grafiti pintado sobre outros grafitis, forman o centro da composición que se rodea dos loureiros que tantas veces colgaron do seu pescozo. Para a realización da obra o artista que contou coa colaboración do artista local Perico e o apoio de Montana Colors.

 

O día mércores 1 de agosto, unha vez acabado, o mural foi visitado por Urgell, o seu fillo Gelete Neto en representación da familia, Pocholo Martínez Bordiú, amigos e algúns dos empresarios máis relevantes da illa. Foi un acto moi emotivo e íntimo. Dada a intensa circulación de vehículos que presenta o tramo da estrada onde se sitúa o mural facíase moi dificultosa unha presentación máis multitudinaria

 

Máis información:

 

Vídeo reportaxe:

 

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO