Apartado 6 meses da Universidade de Oviedo o profesor que dixo “se voltades repetir, viólovos”

A Universidade de Oviedo aparta a un profesor universitario titular de Psicoloxía  por comentarios ás súas alumnas coma: “Se volvedes repetir, viólovos”  e comportamentos sexistas reiterados

A Universidade de Oviedo sanciona0 con seis meses de suspensión das súas funcións por realizar comentarios e comportamentos sexistas e denigrantes coas súas alumnas.

Manifestacións como: “Para vir a unha revisión tedes que vir maquilladas e con escote, e se fose necesario teriádesvos que sacar unha teta. Así vos poría a nota que quixésedes”, levaron á Universidade a iniciar o pasado curso un expediente disciplinario que se saldou agora con esa sanción, aplicable durante o curso que agora empeza.

“Cando queirades pasádesvos polo meu despacho a ligar” ou “Se volvedes repetir, viólovos” son outras frases que alumnas aseguraron recibir tanto na aula como no despacho do profesor expedientado ao que tamén acusaron de realizar, en ocasións, contactos físicos inadecuados como agarrar a estudantes polo ombreiro ou polo brazo, achegarse demasiado a determinadas persoas, abrazar ou bicar na cabeza e coller pola cintura.

Os estudantes xa denunciaran nos dous cursos previos a actitude e os comentarios do profesor, pero naquelas ocasións a Universidade limitouse a “darlle un toque de atención” a título individual e persoal, sen que se adoptasen medidas disciplinarias nin se lle pedisen explicacións, segundo mantén a AAEPL nun comunicado.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Non foi até febreiro deste ano, “tras uns comentarios moi graves que realizou a varias alumnas na revisión dos exames de xaneiro”, cando esta organización estudantil conseguiu que se abrise unha investigación que se saldou con este expediente disciplinario.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para a Asemblea Aberta de Estudantes de Psicoloxía, o profesor utilizou “a súa posición de poder” para “humillar, vexar e denigrar a alumnas, cosificándolas e converténdoas en obxectos sexuais” durante anos e sen que ninguén tomase cartas no asunto.

Deixa unha resposta