As escolas brasileñas están cheas de migrantes na fronteira entre Brasil e Venezuela

Escolas da fronteira están repletas coa entrada de venezolanos
Pacaraima matriculou 2.030 estudantes, deles 530 son estranxeiros
Publicado | Por Leandro Melito – Reporteiro da Agência Brasil Brasília Agência Brasil

Co aumento do fluxo de inmigrantes venezolanos este ano a Brasil, o municipio de Pacaraima, no estado de Roraima, limite con Venezuela, está a enfrontar o problema das aulas abarrotadas.

O sistema de educación pública da cidade atendeu a 1.338 alumnos en 2017, entre brasileiros e venezolanos. Este ano, a rede municipal chega ao número de 2.030 estudantes matriculados na gardaría ata o 6º ano do Ensino Primario, deles 530 son estranxeiros.

En marzo deste ano, o secretario municipal de Educación, Agamenon Rodrigues, enviou un informe ao Ministerio de Educación-MEC no que expón a situación e pide que se tomen medidas urxentes, tal pedido, de acordo con el, aínda non foi atendido.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“Se non recibimos axuda, imos ter un colapso na educación do municipio. Hoxe non podemos atender debido á falta de espazo nas escolas. A gardaría que debía atender 120 alumnos, está a atender 280. Fixemos adecuacións nalgunhas aulas para poder atender a eses alumnos. Da mesma forma as outras escolas están coas salas abarrotadas”, afirmou Rodrigues en entrevista dada á Agência Brasil.

O documento entregouse novamente ao MEC o martes (21) ao secretario executivo adxunto do ministerio, Felipe Sigollo, que estivo no municipio como parte do equipo interministerial que se reuniu con autoridades locais e axentes sociais para avaliar a situación e optener informacións sobre os inmigrantes.

O recurso que a secretaría recibe é destinado a alumnos brasileiros e venezolanos documentados e rexistrados no censo de 2017 e non contempla o aumento da demanda en 2018. O municipio non traballa con reservas e tanto alumnos brasileiros como venezolanos están aptos para inscribirse no programa, así que se inician as matrículas.

O documento que se entregou ao MEC sinala o que é necesario para atender o aumento da demanda de estudantes no municipio: construción de gardaría, adaptación nas escolas municipais da sede, colectores e aluguer de edificios privados ademais da compra de material didáctico, pedagóxico, alimentación e transporte escolar. O municipio tamén pediu a anticipación do Fondo Nacional de Desenvolvemento da Educación Básica (Fundeb) referente a 2018.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Nas escolas do municipio de Pacaraima o 90% dos profesores falan español, xa que é fronteira coa cidade venezolana de Santa Elena de Uairén, o idioma tamén é unha disciplina da grella curricular das escolas. O secretario municipal estima que nas clases de educación infantil entre os 3 e 5 anos o número de venezolanos chega ao 60% en relación aos brasileiros.

Deixa unha resposta