As galiñas coma mascota e con cueiros, tendencia en EE.UU (vídeo)

Cueiros e roupa para galiñas que son tratadas coma mascotas. Nova tendencia nos EE.UU

Redacción: Xornal Galego | Sección Chouchadas

A pesares de non saber moi ben como catalogar esta noticia, destacamos que non se trata dunha noticia falsa. Cada vez mais familias estadounidenses están a substituír os vulgares gatos e cans, que nin poñen ovos nin nada por pitos como mascotas no interior das vivendas, e non en galiñeiros como facemos as culturas mais atrasadas coma a nosa, así que nas webs véndense xatodo tipo de vestimentas, cueiros e outros obxectos para pitos e galiñas.

Os americanos que para isto son moi listos, enseguida se deron conta de que as galiñas tiñan cú e por el saian excrementos, entón unha muller emprendedora e observadora o mesmo tempo chamada Julie Baker dona de Pampered Chickens, montou un negocio online que vende accesorios para pitos e galiñas mascotas: cueiros para aves de tea con botóns… Julie tamén vende protectores porque os galos (nada a ver con Asterix e Obelix) á hora de aparearse cunha galiña. Agárraa con forza por atrás e sácalle as plumas. Por este feito a coitada da galiña termina desplumada, dixo a observadora Julie; que sen dúbida non perde detalle e fixo estas elocuentes declaracións a varios medios de prensa.

A nosa tarefa debe ser liberarnos a nós mesmos, ampliando o noso círculo de compaixón, abrazando a todas as criaturas e ao total da natureza e a súa beleza. Albert Einstein

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

No vídeo podese observar como se lle pon un cueiro a unha galiña, de bó seguro se coñecen as galiñas de Mos acabarán sendo un produto de luxo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta