As oportunidades e retos das redes 5G en Santiago de Compostela o día 27

Xornada demostradora : Oportunidades e retos das redes 5G

 

Evento

Oportunidades e retos das redes 5G articúlase como un foro de debate en torno ao marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que terán estas redes na sociedade galega, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.

Centro: Sala de convencións – Edificio CINC da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Data: 27 de xuño de 2018
Tipoloxía: Xornada demostradora
Dirixido a: Profesionais de entidades públicas e privadas de sectores de actividade, onde o 5G actuará como tecnoloxía habilitadora
Organiza: Amtega, Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
Horario: 10:00-17:30
Número total de horas: 7,5

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Modos de inscrición:

A) Pola web do CDTIC.- Rexístrese na web (se non está rexistrado), acceda ao seu espazo de empresa e profesionais, e inscríbase na actividade

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

B) Por correo-e.- Envíe un correo a cdtic@xunta.gal cos datos do asistente: nome e apelidos, entidade/empresa, e correo (se é diferente o do remitente)

Deixa unha resposta