Asocian pesticidas a casos de autismo

O autismo afecta aproximadamente a 1 de cada 160 nenos, segundo a OMS Organización Mundial da Saúde.

A causa do autismo e descoñecida pero si e recoñecido que haxa interacción entre os factores ambientais e xenéticos.

Científicos da Escola de Saúde Pública Mailman da Universidade de Columbia na cidade de Nova York (EE. UU.) uniron forzas con investigadores da Universidade de Turku e do Instituto Nacional de Saúde e Benestar, ambos en Finlandia para investigar se podería haber vínculos entre a exposición aos pesticidas e o risco de autismo. En particular, estaban interesados no diclorodifeniltricloroetano (DDT).

O DDT foi prohibido mais o DDT é un contaminante orgánico persistente, que se descompón lentamente durante décadas, acumúlase no organismo, especialmente no tecido adiposo. EE. UU prohibiu en 1972 o DDT pode atravesar a placenta, datos do Estudo Prenatal Finés do Autismo con máis de 750 nenos con autismo e unha gran cantidade de suxeitos de control sans, o estudo mediu os niveis de p, p’-dicloro difenil dicloroetileno (DDE), un produto de degradación do DDT. Descubriron que o risco de que un neno desenvolvese autismo era un terzo máis alto se a súa nai tiña niveis elevados de DDE no sangue.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

De maneira similar, o risco de que un neno teña autismo con discapacidade intelectual duplicouse.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

 

Deixa unha resposta