Ciudadanos quere que practicar as terapias alternativas sexa delito

Ciudadanos quere que practicar as terapias alternativas sexa delito

O deputado de Ciudadanos, Francisco Igea, presentou unha proposta para reformar o Código Penal coa inclusión dun delito contra a saúde pública que castigue as pseudoterapias. A proposta de ciudadanos incluiría penas de seis a catro anos a quen difunda, practique ou promova terapias alternativas sen evidencia, non validadas pola Axencia Española do Medicamento, nin

O deputado de Ciudadanos, Francisco Igea, presentou unha proposta para reformar o Código Penal coa inclusión dun delito contra a saúde pública que castigue as pseudoterapias.

A proposta de ciudadanos incluiría penas de seis a catro anos a quen difunda, practique ou promova terapias alternativas sen evidencia, non validadas pola Axencia Española do Medicamento, nin pola ciencia en enfermos graves oncolóxicos.

Así mesmo, dende Ciudadanos agradeceron a Organización Médica Colexial (OMC), e mais a Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM) e dos oncólogos que denuncian os casos de pseudoterapias.

Segundo o Observatorio da Organización Médica Colexial contra as pseudociencias, gran parte das pseudoterapias baséanse na inmersión do paciente nunha contorna relaxante, onde gozan dunha atención dedicada. O efecto placebo xerado ao sentirse coidado camufla a falta de efectividade de ditas técnicas.

 

Estas a favor ou en contra das terapias alternativas

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor