Coca Cola paga grandes cantidades a fundacións médicas

Coca Cola paga grandes cantidades a fundacións médicas

O seu informe de resultados mostra diferentes pagos á Fundación Iberoamericana de Nutrición, Fundación Española Do Corazón, Fundación Española de Nutrición e a Fundación SHE. Coca-Cola financiou estudos durante sete anos a diferentes asociacións e fundacións españolas que velan pola nutrición e a vida sa. Entre elas, a Fundación Iberoamericana de Nutrición (835.000 euros), a

O seu informe de resultados mostra diferentes pagos á Fundación Iberoamericana de Nutrición, Fundación Española Do Corazón, Fundación Española de Nutrición e a Fundación SHE.

Coca-Cola financiou estudos durante sete anos a diferentes asociacións e fundacións españolas que velan pola nutrición e a vida sa.

Entre elas, a Fundación Iberoamericana de Nutrición (835.000 euros), a Fundación Española Do Corazón (640.000 euros), a Fundación Española de Nutrición (567.000 euros) ou a Fundación SHE (363.000 euros), do cardiólogo Valentín Fuster.

O problema que subxace tras estes aparentes estudos de saúde e nutrición está a petición da OMS de subir un 20 % o prezo das bebidas azucaras, e o feito de que a Universidade de Harvard demostrase nun estudo a relación entre a obesidade, o azucre e as bebidas como a Coca-Cola e similares. De feito, o xornal USA Today cifra en 180.000 as mortes por estas bebidas azucaradas.

“Segundo os datos doutras investigacións incluídas dentro do estudo científico ANIBES, as bebidas sen alcol supoñen 2,9 % do total da inxesta de enerxía. No que se refire ás bebidas alcohólicas, esta cifra é do 2,3 %, mostrando en ambos os casos unha baixa contribución á inxesta de enerxía. Dentro do grupo de bebidas sen alcol, o subgrupo composto polos refrescos con azucre achega o 2,0 % da inxesta total de enerxía (36 kcal/día dun total de 1.810 kcal/día), seguido dos zumes e néctares, que achegan o 1,3 %”.

Este estudo, recibiu de Coca-Cola 567.000 euros aínda que o presidente da Fundación afirma que non mancha para nada o nome da súa organización.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor