Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Publicada a resolución pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación

11/06/2018|DOG

Primeira. Obxecto

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia, e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.

Segunda. Destinatarios

Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Terceira. Organización do curso

1. Número de prazas: 180.

2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).

3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

4. Datas de realización: do 3 de setembro ao 25 de novembro de 2018.

Cuarta. Contido

1. No curso desenvolveranse os seguintes temas:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

2. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e os criterios de avaliación do dito módulo formativo pódense consultar no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE número 109, do 7 de maio).

Quinta. Solicitudes de participación

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberanse inscribir a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Deixa unha resposta