Convocatorias para catedráticos en Galicia de música e artes escénicas

Convocatorias para catedráticos en Galicia de música e artes escénicas: COrpo de Catedráticos de Música E Artes Escénicas

Catedráticos Galicia 2018: Convocatoria de Acceso

COrpo de Catedráticos de Música E Artes Escénicas

Catedráticos Galicia 2018: Convocatoria de Acceso Publícase a convocatoria para o procedemento de acceso ao Corpo de Catedráticos de música e artes escénicas en Galicia.

Publicada Convocatoria de Acceso
O pasado luns, 16 de abril, foi publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde de 20 de marzo de 2018 pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas aos ensinos superiores de música.

Orde Acceso Catedráticos
Coa presente Orde convócase procedemento selectivo de acceso, por concurso de méritos, para cubrir 105 prazas no corpo de catedráticos de música e artes escénicas nas especialidades vinculadas aos ensinos superiores de música, no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a desagregación de especialidades e prazas que se detallan a continuación.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

CORPO DE CATEDRÁTICOS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS
105 prazas

Acordeón: 1 praza
Canto: 5 prazas
Clarinete: 5 prazas
Composición: 9 prazas
Contrabaixo: 2 prazas
Fagot: 1 praza
Frauta Travesera: 4 prazas
Etnomusicología: 1 praza
Guitarra: 5 prazas
Historia da Música: 4 prazas
Improvisación e Acompañamento: 6 prazas
Música de Cámara: 2 prazas
Musicología: 1 praza
Oboe: 2 prazas
Pedagoxía: 2 prazas
Percusión: 11 prazas
Piano: 4 prazas
Repertorio con Piano para Instrumentos: 10 prazas
Repertorio con Piano para Voz: 4 prazas
Saxofón: 3 prazas
Trombón: 3 prazas
Trompa: 2 prazas
Trompeta: 4 prazas
Tuba: 2 prazas
Viola: 2 prazas
Violín: 6 prazas
Violoncelo: 4 prazas
As solicitudes deberán cubrirse por Internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Recursos Humanos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 17 de abril ata o 8 de maio.