Curso de Intervención en emerxencias para o persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)

Curso de Intervención en emerxencias para o persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)

Descrición Este curso ten como obxectivo impartir unha formación especializada nuns niveis de capacitación suficientes para que o persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poidan ingresar neles ou se atopa nas listas de reserva e poida, se for o caso, comezar a asumir as súas funcións

Detalles contido

LugarA EstradaOrganizadorAGASPDatas

DíaHora inicioHora fin
14/06/201810:0018:00
15/06/201810:0018:00
18/06/201810:0018:00
19/06/201810:0018:00
20/06/201810:0018:00
21/06/201810:0018:00
22/06/201810:0018:00
25/06/201810:0018:00
26/06/201810:0018:00
27/06/201810:0018:00
28/06/201810:0018:00
29/06/201810:0018:00

Evento

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

1. Datos da actividade.

TipoCurso
DenominaciónIntervención en emerxencias para o persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES)
ModalidadePresencial
Edicións1
Horas lectivas70
Prazas por edición25

2. Obxectivos e contido.

Obxectivos: impartir unha formación especializada nuns niveis de capacitación suficientes para que o persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poidan ingresar neles ou se atopa nas listas de reserva e poida, se for o caso, comezar a asumir as súas funcións.

Contido: o contido estrutúrase en bloques relativos aos principais riscos e emerxencias en que, segundo as estatísticas da Xunta de Galicia, intervirá este persoal:

1º. Módulo 1: primeiros auxilios (7 h).

2º. Módulo 2: actuacións en caso de accidente de tráfico (14 h).

3º. Módulo 3: extinción de incendios urbanos e industriais (28 h).

4º. Módulo 4: intervención en incendios forestais (21 h).

Todos os temas inclúen exercicios prácticos sobre os temas tratados e haberá unha proba final de conxunto.

3. Destinatarios/as.

O curso vai dirixido ao persoal que participou nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e poidan ingresar neles ou se atopa nas lista de reserva.

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar e datas: o curso levarase a cabo nas instalación da Agasp desde o 14 de xuño ao 29 de xuño de 2018.

Horario: mañá e tarde, de luns a venres.

Uniformidade: o persoal deberá asistir aos cursos provisto do seguinte material:

1º. Bota de media cana con punteira de seguridade e soleta antipunzamento.

2º. Funda ignífuga.

3º. Casco F2 Gallet, HPS3000 ou similar con lentes de seguridade.

4º. Guantes ignífugos de intervención.

5º. Verdugo ignífugo.

5. Prazo de inscrición.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O prazo de inscrición é de sete días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.