Curso de Técnico de Nivel 1 2018 Prazo de inscrición: 18 Xuño 2018 Convócase o curso de técnico de nivel 1 promoción 8 2018 a celebrar nas seguintes datas: Data de inicio:18 Xuño 2018 Data de fin:29 Xuño 1970 Prazo para inscribirse:18 Xuño 2018 Descrición do evento Semana 1 do 18/06/2018 ao 22/06/2018 de 10:00
Curso de Técnico de Nivel 1 2018
Prazo de inscrición: 18 Xuño 2018
Convócase o curso de técnico de nivel 1 promoción 8 2018 a celebrar nas seguintes datas:
Data de inicio:18 Xuño 2018
Data de fin:29 Xuño 1970
Prazo para inscribirse:18 Xuño 2018
Descrición do evento
Semana 1 do 18/06/2018 ao 22/06/2018 de 10:00 a 15:00 h.
Semana 2 do 25/06/2018 ao 29/06/2018 de 10:00 a 15:00 h.
O curso consta de 3 Bloques:
Bloque Común. (Independente).
Bloque Específico (Federación Galega de Tenis).
Bloque de Prácticas. (Federación Galega de Tenis).
A Federación Galega de Tenis encárgase de organizar o Bloque Específico e o Bloque de Prácticas.
O Bloque Común é independente, isto quere dicir que os alumnos deberán achegalo para a obtención do título (non está incluído na convocatoria). Existe unha academia en Ourense (SAFE) que organiza os Bloques Comúns, pero o alumno poderá elixir a que prefira, por último aqueles que xa posúan o Bloque Común de nivel 1 non terán que volver realizalo, xa que é válido para todas as disciplinas deportivas.
Na seguinte ligazón pódese acceder á convocatoria:
Convocatoria Curso Nivel 1 Promoción 8
Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario de inscrición:
Inscrición Nivel 1
Comité de Docencia.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.