Cursos organizados por SEFAC Galicia e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense

CICLO DE TALLERES DE INDICACIÓN FARMACÉUTICA DE SEFAC GALICIA E O COF DE OURENSE

Lémbramosche que SEFAC Galicia e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense van organizar, co patrocinio de Cofano, o ciclo Talleres e protocolos de indicación farmacéutica en farmacia comunitaria, dirixido a farmacéuticos.

A presentación deste ciclo de talleres terá lugar hoxe 25 de setembro de 20:30 a 21:30 h na sede do COF (rúa Ramón Cabanillas, nº 2-1º) e correrá a cargo dos directores do curso, Luís Brizuela (vicepresidente de SEFAC Galicia) e Mauro Carrillo (secretario do COF). Tamén contará coa presenza do presidente do COF de Ourense, Vicente Jairo Álvarez, con quen compartirei unhas palabras de benvida. Se queres acudir ao acto de presentación, podes confirmar asistencia en cofinformatica@redfarma.org, indicando nome e apelidos no correo. O ciclo está composto por 6 talleres, que se impartirán na sede do COF de 16:00 a 20:20 h coas seguintes datas e temáticas: 9 de outubro. Dor muscular. 6 de novembro. Estreñimiento. 11 de decembro. Gripe e arrefriado. 15 de xaneiro. Tose. 12 de febreiro. Saúde ocular. 12 de marzo. Herpes labial e dermatitis do cueiro. A matrícula para asistir ao ciclo completo de talleres é de 50 euros e pode realizarse a través desta ligazón de CAMPUS SEFAC. O prazo para matricularse finaliza o 2 de novembro. Con todo, o acceso ao primeiro taller está aberto a todos os farmacéuticos interesados que confirmen asistencia no correo cofinformatica@redfarma.org. O ciclo de talleres ten solicitada xa a acreditación.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Para poder obter a mesma é necesario asistir polo menos a cinco dos seis talleres.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta