Cursos SERGAS Servizo Galego de Saúde

Aberto o prazo de inscrición nos cursos de formación continua para persoal do Sergas Servizo Galego de Saúde

O DOG núm. 18 do xoves, 28 de xaneiro de 2016, publica a Resolución conxunta do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convocan cursos de formación continua, para o persoal do Sergas, tanto profesionais con vínculo fixo como temporais. Ligazón á Resolución: http://www.xunta.es/dog/publicados/2016/20160128/anunciog0003-220116-0001_gl.pdf

Prazo de inscrición Na convocatoria deste ano hai algún cambio en relación ás solicitudes para os cursos, xa que agora o prazo de inscrición é do 1 de febreiro de 2016 ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa, independentemente de cando esta teña lugar. A oferta formativa poderás vela a través da seguinte ligazón que leva á ACIS (Axencia do Coñecemento en Saúde):

http://acis.sergas.es/paxinas/web.aspx?tipo=paxlct&idTax=15539&idioma=ga

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Son cursos de calidade en canto a contidos, exercicios, metodoloxía e recursos didácticos (tutoriales, vídeos, simulacros de exames, etc.).

Os contidos entran nos procesos selectivos de auxiliar administrativo e PSX do Sergas; así como en auxiliar administrativo da Xunta.

Cursos homologados
Todos os cursos están homologados pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), quen expedirá o diploma acreditativo de superación do mesmo.

Cursos baremables
Todos os cursos son baremables polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), tanto para as Oposicións de Xestión e Servizos como para as listas de contratación. Actualmente, o Servizo Galego de Saúde valora cada hora de formación con 0,03 puntos; por tanto, facendo os catros cursos, obtéñense 8 puntos, o máximo contemplado na fase de concurso en concepto de formación.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Matrícula
A matrícula pode facerse desde XA en calquera dos nosos centros ou a través da nosa web Dcursos.com . Os alumnos do sergas contarán cun desconto do 20% no primeiro curso, do 30% no segundo e do 40% nos sucesivos. O alumnado alleo ao centro tamén gozará de descontos pola realización de máis dun destes cursos. Ademais, facilitamos o pago en cómodos prazos. InFórmanche sen compromiso.

Deixa unha resposta