A cadea de tendas de deporte pon en marcha o seu proxecto Segunda Vida co que busca asegurar unha correcta e responsable xestión dos seus produtos ao final da súa vida útil, xa sexa a través da doazón ou a reciclaxe. Para iso, Decathlon asinou un acordo de colaboración con Koopera, unha cooperativa na que
A cadea de tendas de deporte pon en marcha o seu proxecto Segunda Vida co que busca asegurar unha correcta e responsable xestión dos seus produtos ao final da súa vida útil, xa sexa a través da doazón ou a reciclaxe.
Para iso, Decathlon asinou un acordo de colaboración con Koopera, unha cooperativa na que participan Cooperativas de Iniciativa Social e Empresas de Inserción impulsadas por Cáritas.
Grazas a este acordo, os usuarios de Decathlon poderán entregar todas as pezas e o calzado que xa non utilicen e que poidan ser reutilizables ou non así como o pequeno material deportivo que poida reutilizarse ou repararse facilmente nos colectores situados no interior e exterior de 138 tendas Decathlon.
Posteriormente, Koopera encargarase de recoller as pezas, calzado e material dos colectores de Decathlon e entregarllo a quen máis o necesitan da man de Cáritas ou convertelos en pezas novas grazas á súa reciclaxe. Neste sentido, nas plantas que Koopera ten en Valencia e o País Vasco sepáranse os tecidos das pezas para crear stock de algodón e poliéster, entre outros materiais, que posteriormente son reutilizados por Decathlon, entre outras compañías, para a produción de novos produtos.
De feito, un dos obxectivos de Decathlon é empregar o 100% de poliéster sustentable no proceso de produción dos seus produtos de aquí a 2020.
COLABORANDO COS QUE MÁIS O NECESITAN
A elección de Koopera como socio colaborador no proxecto Segunda Vida non foi casual e é que o obxectivo de Koopera non é outro que a inserción socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social mediante actividades de servizos ambientais, reutilización e reciclaxe, entre outras.
Grazas ao proxecto Segunda Vida, Decathlon non só garante unha xestión responsable de todos os seus produtos ao final da súa vida útil senón que contribúe a mellorar a vida das persoas que máis o necesitan, sinalan desde a compañía.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.