Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal, Non Declarada e Non Reglamentada

Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal, Non Declarada e Non Reglamentada

Mañá día 5 de xuño será o Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal, Non Declarada e Non Reglamentada Pesca ilegal, non declarada e non reglamentada (pesca INDNR)   O 5 de decembro de 2017, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución proposta pola FAO sobre pesca sustentable, declarando o 5 de xuño

Mañá día 5 de xuño será o Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal, Non Declarada e Non Reglamentada

Pesca ilegal, non declarada e non reglamentada (pesca INDNR)

 

O 5 de decembro de 2017, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución proposta pola FAO sobre pesca sustentable, declarando o 5 de xuño como o Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal, Non Declarada e Non Reglamentada (INDNR).

O primeiro Día Internacional da Loita contra a Pesca Ilegal, Non Declarada e Non Reglamentada (INDNR) celebrarase o 5 de xuño de 2018, e a FAO será o organismo principal encargado da organización. Elixiuse esta data porque o 5 de xuño de 2016 entrou en vigor o primeiro tratado internacional destinado a pór fin á pesca ilegal, o Acordo da FAO sobre medidas do Estado reitor do porto.

Este día internacional é unha oportunidade importante para destacar os esforzos que levan a cabo a nivel mundial, rexional e nacional para combater a pesca ilegal. Aplaudimos todos os esforzos dos países membros, organizacións de pescadores, organizacións da sociedade civil, a industria pesqueira e os grupos de consumidores para subliñar a importancia da loita contra a pesca ilegal neste día internacional.

Novo impulso para combater a pesca ilegal
Aínda que pór fin á pesca INDNR é un desafío enorme, por primeira vez somos testemuñas dun impulso internacional para avanzar nesta cuestión. Ademais, agora temos instrumentos internacionais que facilitan o cumprimento deste obxectivo. Entre eles destacan:

Acordo da FAO sobre medidas do Estado reitor do porto (2016)

-Impide que o peixe capturado ilegalmente chegue aos mercados internacionais a través dos portos

Sistemas de documentación das capturas da FAO (2017)

-Melloran e harmonizan a rastrexabilidade do peixe ao longo da cadea de valor

Directrices voluntarias da FAO sobre o marcado das artes de pesca (negociadas polo grupo de traballo técnico en 2018, pendentes de aprobación por parte da FAO)

-Directrices internacionais para o marcado de artes de pesca, destinadas a eliminar artes de pesca abandonadas, perdidas ou descartadas no mar

Rexistro mundial de buques de pesca, transporte refrigerado e subministración (2014)

-Arquivo certificado a nivel estatal de embarcacións involucradas en operacións pesqueiras

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor