Diploma de ouro ao Concello de Corcubión polas súas praias libres de fume

Diploma de ouro ao Concello de Corcubión polas súas praias libres de fume

O conselleiro de Sanidade entrega por segundo ano o diploma de ouro ao Concello de Corcubión por ter todas as súas praias libres do fume do tabaco ​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle hoxe e por segundo ano consecutivo ao alcalde de Corcubión, Manuel Insua Insua, o galardón na categoría de ouro da

O conselleiro de Sanidade entrega por segundo ano o diploma de ouro ao Concello de Corcubión por ter todas as súas praias libres do fume do tabaco

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle hoxe e por segundo ano consecutivo ao alcalde de Corcubión, Manuel Insua Insua, o galardón na categoría de ouro da iniciativa Praias sen Fume da Consellería de Sanidade por ter declaradas sen fume todas as praias do seu municipio. O Concello de Corcubión súmase así ao de Baiona, que hai uns días recibiu a mesma distinción, por manter todos os seus areais libres de fume.

O conselleiro destacou que a Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 79 praias de 45 concellos, polo que a poboación destes lugares poderá elixir desfrutar do seu tempo de ocio lonxe do fume do tabaco. O titular da carteira sanitaria sinalou a novidade de que as praias fluviais formen parte da rede.

Tal e como subliñou Almuiña, a rede naceu cun fin educativo e de sensibilización social, e recalcou a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. Un claro posicionamento negativo ante o tabaco fará que moitos mozos non empecen a fumar, xa que a imitación da conduta dos adultos forma parte dos factores causais do inicio.

O conselleiro sinalou que esta iniciativa púxose en marcha no Concello de Baiona no ano 2012, e a positiva resposta da poboación fixo que os anos seguintes outras praias deste municipio se sumaran. No ano 2016 decidiuse ampliar a toda Galicia, nacendo así a Rede Galega de Praias sen Fume.

Almuiña dixo que xa existen tres concellos (Baiona, Corcubión e Rianxo) que teñen todas as súas praias declaradas sen fume, o que os fai merecedores da acreditación máxima qué a categoría de ouro.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor