É o aire acondicionado machista?

Laura Garrido | Xornal Galego

Que levante a man quen vive esta situación a diario. Levántaste cada mañá sabendo que fóra de casa o termómetro non baixará dos 30º graos, así que te vistes de verán. Con todo, chegas á oficina e tras as calores da carreira que che pegaches (si, outra vez volvías chegar tarde), comezas a notar o frío do aire acondicionado. E é que, chega un momento no que o frío do aparello consegue que perdes a noción da estación na que estas e que teñas que porche en busca dalgún abrigo ao que arrimarche. Por esaxerado que pareza, este feito dáse en máis ocasións do que imaxinamos. E polo visto en todo o mundo.

O New York Times publicaba o pasado mes un artigo no que afirmaba que o aire acondicionado era unha ferramenta machista xa que se puña a unha temperatura indicada para que os homes, con traxe, non pasasen calor durante as xornadas de verán. Baseándose ademais nun estudo que afirmaba que este aparello se regulaba para favorecer o metabolismo do xénero masculino. Con isto comezou a discordia e o debate, deberiamos tomarnos como algo persoal a temperatura á que se pon o aire acondicionado?

A discusión traspasou os límites da bibliografía científica e os círculos de oficina para asomarse á campaña pola gobernabilidade de Nova York. O equipo de Cynthia Nixon, que aspira a arrebatar o posto ao seu colega demócrata Andrew M. Cuomo, expuxo á cadea de televisión CBS, onde o mércores celebrouse un debate entre ambos, unha petición polémica: fixar a temperatura de estudio en 24,4 °C (76 na escala Farenheit). ?A refrixeración dos espazos pechados é notoriamente sexista?, escribiu unha dos seus responsables de estratexia á cadea nun correo electrónico. Non en balde, Cuomo é famoso por celebrar os seus mitins en recintos case xeados. “Gústalle que o ambiente se quente pola presenza dos corpos”, declarou un dos seus colaboradores. Nixon non quería ter frío.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Con este xesto para frear o KO por conxelación, a actriz de Sexo en Nova York xerou unha riada de mensaxes de apoio de cidadás fartas da pashmina en agosto ao catro da tarde”.

Deixa unha resposta