Ecoloxistas europeos boicotearán a festa da ostra e Arcade

Ecoloxistas europeos boicotearán a festa da ostra e Arcade

Diversos colectivos ven “intolerable que as ostras se lles meta un coitelo no cú e se lles bote limón nos ollos” Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego 30/09/2018 Segundo informou a este xornal directamente o presidente dunha asociación Belga “resulta intolerable que as ostras se lles meta un coitelo no cú e se

Diversos colectivos ven “intolerable que as ostras se lles meta un coitelo no cú e se lles bote limón nos ollos”

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

30/09/2018

Segundo informou a este xornal directamente o presidente dunha asociación Belga “resulta intolerable que as ostras se lles meta un coitelo no cú e se lles bote limón nos ollos” “todo isto para despois comela crúa” imos boicotear a festa e elevaremos a nosa queixa en Bruxelas. Nos alí comemos as coles de Bruselas pero elas non sofren como as ostras.

“En Belxica existe un movemento a prol das ostras coma animal de compañía, o principio resultan ser un pouco frías pero co paso do tempo daste conta de canto amor te poden dar estes pequenos animaliños” aseverou Mark Ador presidente de Stop Ostricidio.

“Hoxe por hoxe eudiría que o mellor amigo do home son as ostras, a xente sensible coma min e capaz de percibir todo ese amor que che transmiten os bivalvos en xeral”

Os organizadores do evento gastronómico non quiseron facer declaracións por mor de represalias

Seguiremos embrullando!

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor