Elaboran a primeira cervexa con marihuana

Aínda que as técnicas non son novas, o enfoque científicos dun pequeno laboratorio de Ontario logra desenvolver a primeira cervexa do mundo elaborada con cannabis.

Esther R | Xornal Galego

Moitos empresarios compiten entre eles para elaborar a cervexa e converterse nun mercado millonario, buscando que se acelere o proceso para a súa legalidade, podendo converterse no segundo no mundo en legalizar a marihuana para uso recreativo.

A empresa de Toronto que está detrás da cervexa con cannabis, é Provide Brands. Esta cervexa elabórase a partir do talo e as raíces da planta.

Dooma Wendschuh, o cofundador, declara que en Canadá sería o único país do mundo no poderíase facer ese negocio, polo que se mudou para Toronto no 2016 para crear unha alternativa ao alcol, legalizando as drogas. Sinala que a súa idea desenvolver algo diferente que puidese cumprir o rol do alcol.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Canadá é un dos países no mundo máis avanzados no cannabis medicinal, polo que se espera que manteña liderizando o mercado e a industria.

Durante a súa creación xurdiron moitas dúbidas, e nun primeiro momento a cervexa sabía a ?brócoli podrecido?, pero grazas a un químico atopouse o sabor adecuado para a auga, fermento, lúpulo e o cannabis, xurdindo unha nova cervexa sen alcol e sen glute. O seu sabor final é seco e menos doce que o sabor típico.

O resultado final brinda aos consumidores unha lixeira sensación de relaxación, é crear unha bebida que teña o mesmo efecto intoxicante que unha cervexa tradicional pero sen o compoñente alcohólico.

A cervexa do mesmo xeito que os produtos comestibles non serán legais en Canadá até o 2019, polo que esta o momento continúanse desenvolvendo distintas opcións nunha preparación antes do saír ao mercado.

Os lotes de proba rexistraron unha media de 6,5 miligramos de THC por porción.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Actualmente existen no mercado diferentes opcións con infusións de marihuana pero ningunha alternativa elaboradas desde o principio con cannabis.