Esta semana no Parlamento: protección civil, ciberdefensa e tecnoloxía da cadea de bloques

Esta semana no Parlamento: protección civil, ciberdefensa e tecnoloxía da cadea de bloques
Asuntos da Unión 14-05-2018 – 15:57

As comisións parlamentarias reúnense esta semana en Bruxelas.

Fachada do edificio principal do Parlamento Europeo en Bruxelas
Fachada do edificio principal do Parlamento Europeo en Bruxelas.
A creación dun fondo de axuda ante desastres naturais, a mellora da ciberseguridade nas forzas armadas da Unión Europea e a tecnoloxía da denominada ?cadea de bloques? centrarán a axenda parlamentaria desta semana.

Protección civil

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo pronunciarase o xoves sobre a revisión do Mecanismo Europeo de Protección Civil, que proporciona axuda aos Estados membros cando sofren desastres naturais.

A comisión de Orzamentos, pola súa banda, votará destinar 102,4 millóns de euros do Fondo de Solidariedade para asistir a varios Estados membros afectados por desastres naturais. España recibirá 3,2 millóns polos danos dos incendios en Galicia de outubro de 2017.

Ciberdefensa

A comisión parlamentaria de Asuntos Exteriores votará o mércores un informe de propia iniciativa sobre ciberseguridade no ámbito militar. Os eurodeputados farán fincapé na necesidade de lograr unha maior integración das capacidades nacionais de defensa, así como de realizar un maior investimento de capital financeiro e humano para a identificación da procedencia dos ataques.

Cadea de bloques

A comisión de Investigación do Parlamento votará o mércores un informe de propia iniciativa sobre a ?cadea de bloques? (?blockchain?, en inglés), unha tecnoloxía dixital que garante a veracidade das operacións por internet e que se fixo coñecida en 2008 coa invención da moeda dixital bitcóin. Os eurodeputados centran a súa atención no desenvolvemento do sistema e nos beneficios de estandarizalo e aumentar a súa seguridade.

Protección de datos

A comisión de Liberdades Civís organiza un encontro cos parlamentos nacionais sobre a nova lexislación europea de protección de datos, que entra en vigor o 25 de maio.

Migración

A comisión de Dereitos da Muller celebra un debate o martes sobre a situación das traballadoras migrantes nas zonas rurais, coa presentación dun estudo que analiza a situación en Almería e Huelva.

De interese para España

A comisión de Pesca votará o martes un informe de propia iniciativa, preparado polo eurodeputado español Carlos Iturgáiz, do Partido Popular Europeo, centrado no sector da acuicultura e os seus desafíos.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A comisión de Peticións, pola súa banda, examinará o mércores a petición presentada polo Consello de Informativos de TVE sobre a falta de obxectividade na cadea.

Deixa unha resposta