EU inicia este martes 12 unha campaña de divulgación das súas propostas educativas confrontándoas coa LOMCE

A Agrupación Comarcal de Vigo de Esquerda Unida inicia unha campaña contra a LOMCE na que expón as súas alternativas en materia educativa EU denuncia que este curso as familias viguesas terán aínda máis dificultades para exerceren o seu dereito á educación pública e de calidade debido aos insoportábeis recortes que o PP aplica ao ensino público,

Este martes 17 de setembro a Agrupación Comarcal de Esquerda Unida inicia unha campaña informativa na que a través de distintos materiais (cartaces, octavillas, roldas de prensa…) dará a coñecer as súas alternativas en materia de educación, confrontando estas coa LOMCE e os política de recortes do PP Esquerda Unida destaca que mentras que o curso 2013-2014 será o de maior número de alumnos matriculados na escola pública, a Xunta do señor Núñez pechou 15 centros e eliminou 57 aulas dos sistema público, 5.000 cativos quedarán sen lugar nas escolas infantís públicas e 7000. Namentres a Xunta concertou 40 novas unidades e 18 novos ciclos formativos en colexios privados e adica tres millóns de euros a manter concertos con colexios que segregan por sexo e que responden á ideoloxía ultrarreaccionaria do Opus Dei.

No relativo aos recortes nos comedores escolares EU estima que un 43% das familias deberán pagar o comedor escolar dos fillos, nun contexto en que o gasto medio por alumno no inicio de curso é de 723 euros e a renda familiar media atópase en niveis de 2007.

Deixa unha resposta