Evento Xornada sobre a Transparencia na Administración Local de Galicia

Evento Xornada sobre a Transparencia na Administración Local de Galicia

Evento Xornada sobre a Transparencia na Administración Local de Galicia Datos contido Información xeral Data modificación 29/05/2018 Fonte Xunta de Galicia (.eidolocal.gal) Taxonomía Temas Administración local, Transparencia e participación cidadán Tipo de contido Eventos Colectivos Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/as, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficos Galicia Descrición Con esta

Evento Xornada sobre a Transparencia na Administración Local de Galicia

Datos contido Información xeral Data modificación 29/05/2018 Fonte Xunta de Galicia (.eidolocal.gal) Taxonomía Temas Administración local, Transparencia e participación cidadán Tipo de contido Eventos Colectivos Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/as, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficos Galicia
Descrición Con esta xornada preténdese actualizar os coñecementos en materia de transparencia coas especialidades para o ámbito local derivados dos últimos cambios normativos (Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público e Real Decreto 128/2018), así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os Concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia Detalles contido Lugar Santiago de Compostela OrganizadorXunta de Galicia / FegampDatas
Día Hora inicio Hora fin
15/06/2018 10:00 14:00 Evento
Xornada “A transparencia na Administración Local de Galicia”

O 15 de xuño de 2018, na Sede da Federación Galega de Municipios e Provincias, celébrase a Xornada sobre “A transparencia na Administración Local de Galicia”, organizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Dirección Xeral de Administración Local e a Federación Galega de Municipios e Provincias

Con esta xornada preténdese actualizar os coñecementos en materia de transparencia coas especialidades para o ámbito local derivados dos últimos cambios normativos (Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público e Real Decreto 128/2018), así como coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os Concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia.

Data: 15 de xuño de 2018

Lugar: Sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Rúa de Varsovia, 4C, área Central, 15707 Santiago de Compostela.

Horario: 10:00 a 14:00 horas.

Destinatarios/as: Esta xornada está principalmente dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da administración local.

Inscrición: para inscribirse debe cumprimentar o seguinte formulario. Prazas limitadas.

Formulario de inscrición

Obxectivos específicos da xornada:

Examinar as dificultades e solucións para o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local.
Dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia.
Coñecer as novidades en materia de transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público.
Afondar na configuración das obrigas da Secretaría municipal en materia de transparencia tras o Real Decreto 128/2018, polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional.
Programa da xornada

Máis información dispoñible na seguinte ligazón:

http://www.fegamp.gal/content/xornada-transparencia-na-administracion-local-de-galicia

Para consultas ao respecto o teléfono de contacto é: 881 998 016.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor