Explosión en Tui, os bombeiros portugueses axudaron na traxedia

Explosión en Tui deixa polo menos unha muller morta e 26 feridos. Unha persoa foi detida

Un morto e 26 feridos é o balance provisional da explosión, este mércores á tarde, dun almacén de material pirotécnico en Guillarei, Tui. Cerca de 20 vivendas destruídas total ou parcialmente. Até ao momento, hai un desaparecido e unha persoa detida, o dono da pirotecnia.

Ao inicio da noite, a preocupación das autoridades era dar apoio aos desaloxados, que están a ser reunidos no Centro Cultural da localidade de Guillarei. Oito casas foron totalmente destruídas pola explosión

Bombeiros Portugueses axudan nos traballos de socorro

O Comandante dos Bombeiros Voluntarios de Valença, Miguel Lourenço, que se encontra no local, revelou durante a tarde que a corporación portuguesa foi desprazada “en peso” para o local, tras recibir un alerta polas 15.40 horas, debido á dimensión da explosión. Segundo informa Jornal Noticias

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“Estamos en Guillarei. Foi unha explosión nunha pirotecnia. Hai unhas 10 a 15 vivendas totalmente destruídas. A pirotecnia era clandestina e estamos a proceder a buscas”, declarou o comandante.

Segundo aquel responsábel, a zona, onde se encontra unha brigada de explosivos, foi “evacuada, por se sospeitar que existe material pirotécnico que aínda non estourou”.

 

“Hai casas a arder e o fogo pasou tamén xa para unha zona forestal”, declarou, referindo que, alén dos bombeiros de Valença, encóntranse no local corporacións de varios puntos da Galiza, designadamente, Vigo, Porriño e Cangas.

Segundo o Comando Distrital de Operacións de Socorro (CDOS) de Viana do Castelo, están no local 12 operacionais con cinco viaturas dos Bombeiros de Valença.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Explosión foi sentida nun radio de 10 km do lado portugués

Deixa unha resposta